FESTAS
Vista Alegre bailará o luns nas festas de Santa Rita coa verbena dos Satélites As festas de Santa Rita seguen collendo forza despois da fin de semana. A contorna do conxunto monumental de Vista Alegre continuará sendo epicentro da festa e da romaría popular o luns, xornada na que o Fauno e o Xigante Malabarista animarán un día máis a Feira Celta que pechará o día cun espectáculo de fogo. O grupo de gaitas Os Terribles de Arousa levarán o ambiente festivo as rúas da cidade coa súas gaitas e a orquestra Os Satélites porá o colofón a esta nova xornada de festas cunha espectacular verbena na rúa Alexandre Bóveda.
AXENDA PARA O LUNS 20 MAIO
DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta 11:00 Apertura do mercado Celta, da zona de animación e xogos, do Campamento Castrexo "Clan de Breogán" e do Rincón do Retrato. Apertura dos talleres artesáns (barro, cestería, coiro e vidro). 12:00 O Fauno percorre o mercado 12:45 Pasacalles de música Celta 13:30 O xigante malabarista divirte aos cativos 14:00 Pasacalles de música Celta 15:00 Peche do mercado
DE 18:00 A 23:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA] Feira Celta 18:00 Apertura do mercado celta 18:45 O Fauno percorre o mercado 19:00 Pasacalles de música Celta 20:00 O xigante malabarista percorre o mercado 21:00 Pasacalles de música celta 21:30 O xigante malabarista divirte aos cativos 22:00 Espectáculo de Fogo e Malabares 23:00 Peche do mercado
20:00 [RÚAS DA CIDADE] Pasacalles: Grupo de Gaitas Os Terribles de Arousa
21:30 [RÚA ALEXANDRE BÓVEDA] Verbena. Orquestra Los Satélites