_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
As Festas de Santa Rita arrancan o sábado coa Feira Celta e o concerto de Jaime Urrutia na Xunqueira

Vilagarcía xa ten todo listo para celebrar as súas primeiras grandes festas do ano, as de Santa Rita que se prologarán dende o sábado 18 ao xoves 22 de maio. Cinco días repletos de actos para todos os públicos que arrancan o sábado por todo o alto coas actividades da Feira Celta e o concerto de Jaime Urrutia ás 23 horas no Parque da Xunqueira. O programa da primeira xornada festiva inclúe actividades para todos os públicos; haberá torneo de vela, pasacalles a cargo de agrupacións folclóricas da vila, actividades para os cativos e a actuación do grupo Factoría de Subsistencia que actuará de teloneiro do que fora líder de Gabinete Caligari. E todo no ambiente de romaría popular que se crea estes días en torno á igrexa e o conxunto monumental de Vista Alegre.
PROGRAMACIÓN SÁBADO 18 DE MAIO

11:00 [MARÍN - PEIRAO DE PASAXEIROS]
51 Regata Almirante Rodríguez Toubes
Regata 5º Centenario da Primeira Volta ao Mundo
Organiza: Real Club de Regatas de Galicia e Escola Naval Militar
Chegada a Vilagarcía a partir das 16:00.

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, da zona de animación e xogos, do Campamento Castrexo “Clan de Breogán” e do Rincón do Retrato.Apertura dos talleres artesáns (barro, cestería, coiro e vidro).
12:00 O Fauno percorre o mercado
12:15 Obradoiro de cerámica e pegadas do pasado no campamento castrexo.
12:30 Pasacalles de música celta
13:00 Sorteo de vales regalo entre a xente que acuda vestida con indumentaria celta na zona do Rincón do Retrato.
13:15 Desfile das ordas celtas
13:30 O xigante malabarista divirte aos cativos
14:00 Pasacalles de música Celta
14:30 O Fauno percorre o mercado
15:00 Peche do mercado

12:00 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Grupo de Gaitas e Baile Lumarada de Cornazo
DE 16:30 A 20:30 [ALAMEDA – AVDA. DA MARIÑA]
A Rúa dos Cativos
Patrocina: Gadis
Xogo libre: zona Baby (de 2 a 4 anos)
Bebegadis: (sorteo diario de set Bebegadis)
Obradoiros: (xogo dirixido). Todas as idades
Artes plásticas, obradoiro Scrapbooking, a maxia do noso e photocall

DE 17:00 A 20:00 [ALAMEDA – AVDA. DA MARIÑA]
Festivaliño on the road - X Aniversario da Caixiña dos Mixtos
Festival itinerante de cinema infantil

DE 18:00 A 24:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 Apertura do mercado Celta, da zona de animación e xogos, do Campamento Castrexo “Clan de Breogán” e do Rincón do Retrato
Apertura dos talleres artesáns (barro, cestería, coiro e vidro).
O Fauno percorre o mercado
Obradoiro de cestería no campamento castrexo
18:30 Pasacalles de música Celta
19:00 Vodas Celtas no Círculo Máxico do Parque da Xunqueira. Cerimonia con música en directo, Druída oficiador. Pasacalles e queimada final.
19:30 Pasacalles de música Celta
20:00 O xigante malabarista divirte ao cativos
20:30 As Ordas Celtas percorren o mercado
Pasacalles de música Celta
24:00 Peche do mercado
[20:00] Rúas da cidade
Pasacalles: Grupo de Gaitas e Baile Nós de Sobradelo
21:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA*]
Concerto Factoría de Subsistencia
Presenta o seu segundo traballo discográfico 'Amores Fratricidas', unha nova e potente entrega da súa "música de cantautor": humor, reivindicación, reflexión e tamén teatro. Coa voz e a guitarra de Josito Porto, o acordeón e o piano de Sabela Dacal, a batería de Jose Lameiras e o baixo de David Cid.
23:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]

Concerto JAIME URRUTIA
Definir a Jaime Urrutia non é doado, é un artista dunha marcada personalidade, inclasificable, cun estilo único, de voz profunda, carismático no escenario e fora del. Este Referente da música pop-rock nacional, chega a Vilagarcía coa súa banda actual "Los Corsarios".
Na actuación fará un repaso por toda a súa carreira musical, en especial as cancións que pertencen ao mítico álbum "Camino Soria" de Gabinete Caligari, publicado hai tres décadas e considerado como un dos mellores discos da historia da música española.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -