_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
Blas Cantó acompaña a Víctor Manuel no cartel de concertos de San Roque

O cartel de grandes concertos das festas de San Roque de Vilagarcía ven de incluír o nome de Blas Cantó. O cantante que deu a coñecer como integrante e vocalista do grupo Auryn e que agora emprende a súa carreira en solitario tras un exitoso paso polo programa televisivo “Tu cara me suena”, actuará o xoves, 22 de agosto, no Parque da Xunqueira no marco dos concertos gratuítos organizados pola Concellería de Cultura. A inclusión de Blas Otero no cartel pretende cubrir os gustos do público máis novo, complementando ao concerto que ofrecera ao día seguinte Víctor Manuel, dirixido a un sector de maior idade.
10.05.2019.- Aínda que Blas Cantó iniciouse no mundo da canción sendo moi neno con participacións destacadas en concursos televisivos como o “Veo Veo”, de Teresa Rabal ou “Eurojunior”, no que quedara segundo tras María Isabel, a súa carreira profesional comezou como integrante da boy band Auryn, da que era integrante e vocalista, e que se converteu nun fenómeno para o público xuvenil.
Pero onde pasou a ser unha verdadeira estrela mediática foi no programa de televisión “Tu cara me suena”, resultando gañador da quinta edición, a do ano 2016-17. Coincidindo con es etapa inicia a súa carreira en solitario sacando singles como “In your bed” e “Drunk and irresponsible”.

O máis grande éxito de Blas Cantó chegoulle co tema “Él no soy yo”, composto por Leroy Sánchez e co que obtivo disco de ouro e de platino, con máis de 51 millóns de reproducións no videoclip oficial en youtube e que foi número 1 da lista de Los 40 Principales.
O 14 de setembro de 2018, Blas Cantó publicou o seu primeiro álbum en solitario “Complicado” que so unha semana despois da súa estrea acadou o primeiro posto entre os discos máis vendidos de España. Os temas deste álbum, entre os que se inclúen “El no soy yo”, son os que presentará no concerto que ofrecerá o 22 de agosto en Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2019  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -