_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Víctor Manuel protagonizará un dos concertos estelares das festas de San Roque

Un dos cantautores máis importantes e recoñecidos do panorama musical Español, Víctor Manuel, protagonizará un dos concertos estelares das festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa. A Concellería de Cultura que preside Sonia Outón vén de pechar o acordo para que o autor de temas tan emblemáticos como "El abuelo" ou "Nada sabe tan dulce como tu boca" ofreza o concerto do venres 23 de agosto no Parque da Xunqueira que, como é habitual nas festas patronais, será gratuíto.
05.05.2019.- Con máis de 50 anos de carreira profesional e un sinfín de éxitos na súa mochila, Víctor Manuel chegará a Vilagarcía coa xira que acaba de comezar este ano para presentar o seu último disco "Casi nada está en su sitio", un traballo composto na súa totalidade por temas inéditos compostos polo asturiano entre xaneiro e marzo de 2018 froito dun forte impulso inspirador e dunha necesidade imparable de compoñer.

Ademais de cantar e contar estes novos temas, Víctor Manuel agasallará ao público vilagarcián coas "cancións de toda a vida", aquelas que o lanzaron ao éxito e que forman parte xa do cancioneiro popular español e da banda sonora colectiva do noso país. Grandes temas de amor, pero tamén de forte compromiso social e mesmo de denuncia que cantou so ou a dúo coa súa muller Ana Belén: "Niña de agua", "Solo pienso en ti", que fala do amor entre dous mozos con discapacidade; a escalofriante "La madre", que aborda a problemática da drogadición a través do drama contado en primeira persoa por unha nai con un fillo drogadicto; "Quién puso más", un tema pioneiro no seu tempo que falaba dunha relación homosexual", ou "Viene del sur", sobre a emigración. Todo isto, máis a sempre presenta Asturias, a súa "patria".

Ademais das súas famosas xiras con Ana Belén, Víctor Manuel ten cantado cunha inmensa lista de artistas españois e latinoamericanos de diversos estilos, dende Serrat, Eduardo Aute ou Silvio Rodríguez, a outros como Miguel Ríos.

O concerto de Víctor Manuel non será o único gran concerto que haberá nas festas de San Roque. A Concellería de Cultura está xestionando outras actuacións que se farán públicas tan pronto como se pechen os acordos.

Santa Rita, á volta da esquina

calquera xeito, os vilagarciáns e os veciños da contorna non que esperar a agosto para poder asistir a grandes concertos con entrada gratuíta. A tempada de actuacións ao aire libre no Parque da Xunqueira abrirase o sábado 18 de maio coa actuación de Jaime Urrutia, o que fora líder dos Gabinete Caligari, unha banda que deixou unha fonda pegada na cultura musical pop durante as décadas dos 80 e 90. Para esta ocasión, Urrutia contará como teloneiros coa banda galega Factoría de Subsistencia, da que forma parte o vilagarcián, Josito Porto. O apartado de concertos de Santa Rita complétase co galego Xabier Díaz, ae o apartado musical completarase coas verbenas a cargo de grandes orquestras, como El Combo Dominicano, e o IV Encontro Folclórico Santa Rita. Todo será de balde.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -