_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O Ágora Vermú ofrece sete domingos con música de todos os estilos e cos novos escenarios da Coca e Trabanca Badiña

Coa chegada do bo tempo regresa a Vilagarcía o “Ágora Vermú” o programa de concertos matutinos ideado pola Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía co obxectivo de ampliar a oferta lúdica e de ocio da localidade ao horario diurno usando a música, como elemento dinamizador. Seguindo a tónica dos anos anteriores, a cuarta edición volve a medrar tanto en número de grupos e concertos- haberá sete- como en escenarios, xa que aos habituais nos centros de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán, e ao Piñeiriño, incorporado o ano pasado, súmanse o Parque da Coca e o de Doutor Carús, en Trabanca Badiña. A variedade de estilos musicais e a aposta polos artistas locais son outras das características do Ágora Vermú, que se desenvolverá cada domingo do 12 de maio ao 23 de xuño.
30.04.2019.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón, presentaron a cuarta edición deste programa de concertos matutinos na compaña dos integrantes de Plazoleta, a grupo local composto por catro mozos de Vilagarcía moi novos que acaban de entrar na escane musical a través da música urbana e que teñen moitas gañas de darse a coñecer, especialmente na súa propia cidade. O seu concerto será o que clausure o Ágora Vermú o domingo 23 de xuño ás 13:00 horas no Parque da Coca.

Pero antes haberá seis concertos de rúa e á hora do vermú en outros tantos espazos de Vilagarcía. O programa comezará o 12 de maio na Praza da Liberdade de Carril coa actuación de Mad Mission, un grupo que ten como referencia a música negra dos anos 60 e 70 e que mestura á perfección funk, rock e soul. O batería da formación é o músico vilagarcián Pablo Casado Fuentes.
Os coñecidos Moon Cresta tocarán o domingo 19 de maio na rúa Camilo José Cela, do Piñeiriño onde darán mostra do seu Groove bailongo e da súa fusión entre funk, rock e soul dos 70.
A zona da Baldosa, máis concretamente a Rúa Valentín Viqueira acollerá o concerto de Cachas and Cousing, unha orixinal formación de Santiago de Compostela que recolle, mestura e reinterpreta ritmos antigos aos que lles da unha nova vida dun xeito moi particular.
O folk-rock “filibusteiro” de temática taberneira, mariñeira e cervexeira será o estilo predominante do concerto que os Flip Corale y Los Macabros, co vilagarciá Carlos Pedrosa á batería, ofrecerán o 2 de xuño na Praza Rafael Pazos de Vilaxoán.
O trap tamén terá os eu espazo no Ágora Vermú coa intervención de Boyanka Kostova, o primeiro grupo de trap en galego, que será o protagonista do concerto a celebrar o 9 de xuño no Parque Doutro Carús de Trabanca Badiña.

Xa chegando ao remate, a Praza de Ravella de Vilagarcía servirá de escenario ao concerto de Best Boy, formación que aborda estilos como o blue grass, pop e jazz e na que participa a artista local, Elena García. Será o día 16 de xuño, unha semana antes da clausura co concerto xa mencionado dos xóvenes Plazoleta.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2019  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -