_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía saldou con éxito a tempada turística de Semana Santa cun notable incremento de visitantes

A tempada turística de Semana Santa saldouse con notable éxito en Vilagarcía que, en comparación co ano pasado, case duplicou o número de persoas que pasaron pola Oficina Municipal de Información Turística. Os grandes eventos deportivos que acolle a cidade nesas datas (Memorial de Baloncesto, a Vilagarcía Basket Cup e os Campionatos de Traíñas e de Vela, sumado aos atractivos de Vilagarcía e ás excelente climatoloxía rexistrada este ano, foron os principais ingredientes deste incremento do turismo na Semana Santa.
30.04.2019.- O número visitantes que acoden a solicitar información á Oficina de Turismo de Vilagarcía é un bo medidor do movemento turístico rexistrado na cidade no seu conxunto. Segundo a memoria facilitada polo servizo municipal, un total de 712 persoas pasaron polas súas dependencias no período vacacional da Semana Santa, contabilizado entre o 12 e o 23 de abril. Esta cifra case duplica a rexistrada o ano anterior e é a máis elevada dos últimos nove anos.

En relación á orixe das persoas que visitaron Vilagarcía en Semana Santa, a inmensa maioría era turismo nacional (case o 83%), seguido do 15% de visitantes galegos. No primeiro apartado destacan os visitantes procedentes de Castela León (35%) e de Madrid (26), seguidos dos do Principado de Asturias (19%). Non obstante, pola Oficina de Turismo tamén pasaron visitantes procedentes de Pais vasco, Castela a Mancha, Cantabria, Cataluña, Aragón e Andalucía.

No que ao turismo interior galego se refire, máis da metade procedían de municipios da propia provincia de Pontevedra (64%), e da Coruña (25%), con menor incidencia dos de Lugo e Ourense.

Aínda que o turista estranxeiro foi minoritario durante a Semana Santa en Vilagarcía, representando pouco máis do 2% do total, a meirande parte deles procedía de Portugal (35%), seguidos dos de Alemania (23,5%) e Arxentina e Países Baixos (12%). En proporcións inferiores tamén se constatou a presenza de visitantes de Irlanda, Noruega e Sudáfrica.

A memoria da Ofician de Turismo analiza tamén o aloxamento elixido polos visitantes que fixeron as enquisas durante o seu paso polas dependencias da Peixería. A cuarta parte deles aloxouse en casa de familiares (25,6%) e o 22% en hoteis, mentres que o 19,5% teñen segunda residencia en Vilagarcía e o 17% recorreu ao aluguer de apartamentos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -