_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Skerlock Holmes resolverá un caso no Salón García coa axuda da maxia de Cayetano Lledó

O detective máis famoso do mundo, Sherlock Holmes visita o sábado Vilagarcía para protagonizar un interesante e divertido espectáculo no Auditorio dirixido ao público infantil e familiar. Axudado da maxia de Cayetano Lledó e contando don todo o seu enxeño dedutivo e a colaboración do público, Holmes terá que esclarecer o caso do roubo de xoias na mansión do Patterson. O desenlace poderá verse o sábado, 27 de baril, a partir das 18.00 horas no Auditorio. A entrada custa 5 euros (2 para os menores de 12 anos).
22.04.2019.- “Sherlock Holmes” é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor. A historia desenvólvese na mansión dos Patterson, durante a celebración do aniversario da baronesa, momento que alguén aproveita para roubar as xoias da anfitrioa. Holmes sospeita de todo o persoal que traballa na casa, de todo aquel que teña estado cerca da mansión o día do roubo. Que ninguén saia da casa. Todos son sospeitosos! O cociñeiro, o maiordomo, todos os convidados. A propia baronesa tamén é sospeitosa! Mesmo algún espectador do público podería ser o culpable...

Botando man da súa aguda intelixencia, do método dedutivo e… da maxia, Sherlock atrapará ao ladrón.

Este espectáculo represéntase en Vilagarcía a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e o convenio de colaboración subscrito entre o Concello e a Agadic.

As entradas pódense adquirir anticipadamente (m ías custes de xestión) en http://www.ticketea.com e do teléfono 911982284 e, de non esgotarse, o mesmo día da función na billeteira do Salón García a partir das 16:00 h. A entrada será de para desempregados, estudantes e maiores de 65 anos (D.N.I.), previa acreditación da condición de beneficiarios no control de acceso presentando tarxeta de desempregado, carné xove e DNI respectivamente.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -