_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello concedeu o ano pasado 546 axudas de inserción social ás que destinou 134.684 euros

A Área de Benestar do Concello de Vilagarcía destinou o ano pasado 134.648 euros a financiar as 546 Axudas de Inserción Social concedidas co obxecto de atender situacións de urxente necesidade, garantir mínimos de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e de inclusión social. Dos tres tipos de prestación existentes, as máis numerosas, 404, foron as axudas de pago único destinadas a gastos relacionados coa vivenda, fronte as 110 axudas alimenticias e as 11 infantís ou de lactación. A memoria elaborada polos Servizos Sociais Municipais desvela que o 81% dos beneficiarios das axudas sociais son de nacionalidade española e que a maioría dos solicitantes son mulleres, en concreto o 69,4% do total.
15.04.2019.- O número de axudas é superior ao de expedientes tramitados (304) posto que nun mesmo expediente ou solicitude poden concorrer distintos tipos de axuda en función das circunstancias e necesidades existentes da unidade familiar do solicitante. De feito, nas Axudas de Emerxencia de Pago Único poden incluírse ata tres conceptos. Nesta tipoloxía de axudas, das 425 concedidas, 404 concedéronse para financiar gastos relacionados coa vivenda: luz (120), aluguer (89), auga 871), gas (39), Hipoteca (35), gastos derivados da propiedade da vivenda (27), comunidade (22) e derramas (1). As 21 restantes concedéronse para compra de lentes (7), tratamentos dentais (5), equipamento básico (5), medicación (2) e aloxamento alternativo (2). Como o seu propio nome indica, as Axudas de Pago Único concédense puntualmente para unha determinada situación de emerxencia, e non teñen continuidade no tempo.

Perfil dos beneficiarios: Muller, española e maior de 66 anos
A memoria estatística elaborada polos Servizos Sociais Municipais ofrece outros datos de interese, como o perfil maioritario dos beneficiarios destas Axudas de Inserción: Muller, española, maior de 66 anos.
Por sexo, o 69,4% das persoas que solicitaron este tipo de prestación no Concello eran mulleres, fronte ao 30,5% que eran homes. Por tramos de idade, os beneficiarios máis numerosos superaban os 66 anos (67%) seguidos da franxa de idade do 31 a 45 anos (38,5%) e de 53 a 65 anos (21,7%).
Tamén resulta importante coñecer que o 59,5% das persoas solicitantes das axudas de inserción tiñan algún menor ao cargo, predominando entre os beneficiarios o modelo de familia nuclear (31,8%), seguido das unidades familiares unipersoais (23,5%) e as monoparentais (17,9%). Complétase este apartado coas unidades familiares cuxos proxenitores están separados, familias nucleares sen fillo, familias numerosas e as unidades familiares reconstituídas.

Rompendo falsas crenzas

Un dato interesante que rebate unha falsa crenza é que o 81,2% das persoas que reciben axudas sociais do Concello son de nacionalidade española, fronte ao 18,8% de estranxeiros. Nestes, os venezolanos son os máis numerosos (6,7%)seguido de marroquís (2,6%) portugueses (2,2%), rumanos (1,5%) e senegaleses (1,1%). En cifras apenas significativas atópanse persoas orixinarias de Paraguai, Perú, Uruguai, Brasil, República Dominicana, Exipto, Grecia, Holanda, Nixeria e Tailandia.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -