_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música abre a matriculación para alumnado de novo ingreso o 29 de abril

A Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” de Vilagarcía pechou xa o calendario de matrícula para o curso 2019/20, tanto no apartado de novo ingreso como no de renovación de praza. O primeiro prazo será o de matriculación para alumnado que pretende acceder ao centro por primeira vez, é dicir, de novo ingreso cuxos trámites de solicitude de praza deberán realizarase entre o 29 de abril e o 3 de maio. Os interesados poderán dispoñer dos formularios a partir do día 23 de abril, co obxecto de que dispoñan de tempo suficiente para informarse e cubrilos debidamente.
12.04.2019.- Os educandos que pretendan acceder por primeira vez ás ensinanzas que imparte a Escola de Música e teñan entre 3 e 7 anos de idade, deberán matricularse no grao de Música e Movemento, no curso que lle corresponda en relación á súa idade. Os maiores de 8 anos, e sen limite de idade, poderán optar ás especialidades instrumentais que se imparten no centro dentro dos grupos de corda, vento-madeira, vento-metal e percusión. No apartado de instrumentos de corda poden cursar piano, guitarra (clásica e eléctrica), baixo eléctrico, violín, viola, violoncello e contrabaixo. No de vento-madeira, saxofón, clarinete e frauta traveseira. En vento-metal impártense as especialidades instrumentais de trompeta, trompa, trombón e bombardino
(tuba) e en percusión as de batería, timbais, láminas e multipercusión.

Calendario de matriculación de novo ingreso:

Do 23 ao 26 de abril establécese un primeiro prazo para información e entrega de impresos de solicitude de praza. Os formularios poderán recollerse na secretaría da Escola, sita no Ramal, e tamén se poderán descargar da páxina web http://www.emmusicavilagarcia.com , así como do taboleiro de anuncios do portal municipal http://www.vilagarcia.gal e da sede electrónica do Concello, sede.vilagarcia.gal
A solicitude de praza deberá realizarse entre o 29 de abril ao 3 de maio, mediante a entrega dos impresos cubertos na secretaría do centro. Tamén se poderán enviar a través da dirección de correo electrónico escolamusica@vilagarcia.gal . As lista de admitidos publicarase o 12 de xuño e a matriculación propiamente dita terá que facerse os días 13 e 14 de xuño.

Renovación de praza:
O alumnado que estean actualmente cursando estudos musicais na Escola Bernardo del Río e pretenda continuar o curso que ven, terá que solicitar a renovación de matrícula, entre o 3 e o 7 de xuño.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -