_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONSUMO
O sector da telefonía xerou o 40% das reclamacións tramitadas o ano pasado dende a OMIC de Vilagarcía

A memoria anual da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Vilagarcía relativa ao exercicio 2018 volve a poñer de manifesto que a telefonía, especialmente a móbil, segue sendo o sector que maiores problemas xera aos usuarios. De feito o 40% das reclamacións realizadas pola OMIC correspondíanse tanto a servizos como a produtos de telefonía. En termos globais, a oficina de Vilagarcía atendeu o ano pasado un total de 1.363 consultas, das que 369 derivaron en reclamación, é dicir o 27%. As reclamacións remítense ao servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo para a súa resolución mediante o Sistema Arbitral de Con sumo, administrado pola Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.
12.04.2019.- A memoria da OMIC computa as consultas e as reclamacións en bloques diferenciados e dentro de cada un deles, separa os apartados de servizos do de produtos. O bloque de consultas lidérao no apartado de servizos os de telefonía móbil (271), seguido dos servizos financeiros (224) e de electricidade (143), ránking que no bloque de reclamacións tamén encabezan os servizos de telefonía móbil (98 reclamacións), seguido dos de electricidade (63), telefonía fixa (29), transporte aéreo (17 e comercio electrónico (11).

No que aos produtos se refire, destacaron sobre todo as consultas sobre teléfonos móbiles (72), seguido moi de lonxe da compra de electrodomésticos (22), roupa (18), produtos informáticos (16), calzado e complementos (14) e compravenda de automóbiles (11). Por descontado, no apartado de produtos tamén lidera as reclamacións os teléfonos móbiles (21), seguido do calzado e complementos (8), roupa (7), compra de electrodomésticos (4) e compra venta de automóbiles (4).

Ademais de informar e asesorar aos usuarios e consumidores cobre o exercicio dos seus dereitos e de tramitar reclamacións, a OMIC de Vilagarcía realiza outras xestións como derivar aos consumidores aos organismos públicos ou privados específicos aos que deben dirixirse para demandar información ou tramitar reclamacións concretas como Banco de España, Dirección xeral de Seguros, Laboratorio de Consumo, IGC.

A OMIC de Vilagarcía ten atención ao público os luns, mércores e venres en horario de mañá.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -