_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Valle Inclán e a rúa Arealonga son as vías urbanas nas que se detectan máis infraccións por exceso de velocidade

A análise dos datos dos controis de velocidade que realiza periodicamente a Policía Local de Vilagarcía conclúe que as vías urbanas nas que se rexistra o maior número de infraccións son a Avenida Valle Inclán e a Rúa Arealonga, mentres que as maiores velocidades rexistradas por riba dos límites establecidos detectáronse na Rúa Montiño.
10.04.2019.- Estas conclusións obtíveronse dos datos dos controis de velocidade realizados durante o mes de marzo, nos que se mediu a velocidade de 1.378 vehículos en distintas vías urbanas do municipio e no que o índice de infraccións situouse no 17%, ao detectarse un total de 235 infraccións.

A rúa que concentra o maior número de infraccións é o tramo da Avenida Valle Inclán comprendido entre a rotonda de Plablo Picasso e os depósitos de Ferrazo, zona regulada a 50, e pola que máis da metade dos coches que pasaron durante o control (o 55%) superaban o límite. A segunda vía con maior número de infraccións (un 47% dos vehículos medidos) foi a Rúa Arealonga, a que atravesa A Laxe cara a avenida de Rubiáns, e que está limitada a 30.

No que respecta ás maiores velocidades detectadas por riba do regulamentado, estas rexistráronse na Rúa Montiño (subida de O Vento), limitada a 50 quilómetros hora e na que se chegaron a rexistrar vehículos circulando a 93 e ata a 105 quilómetros hora. Aparte do perigo que supón circular a esta velocidade nunha zona urbana, como é a baixada do vento, esta actitude incívica dos condutores pon en risco a peóns e tamén aos vehículos que pretende incorporarse á vía dende os cruces dos camiños laterais, como o veñen advertindo numerosos veciños da zona.

Por último, dos controis do mes de marzo dedúcese tamén que pouco máis da maioría dos infractores (55%) non eran de Vilagarcía, fronte ao 45% que si eran veciños da cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -