_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
A rúa Vilaboa permanecerá pechada hoxe ao tráfico para revisar as redes de saneamento

O Concello cortará mañá o tráfico no tramo da Rúa Vilaboa comprendido entre os cruces coa Praza Riba de Vila e a rúa Veiga de Abaixo co obxecto de levar a cabo os traballos de revisión das redes de saneamento. A medida adóptase tras detectar nos traballos habituais de mantemento posible obturación na condución, que podería ser a causa dos problemas de afloramento de augas residuais rexistrados nos últimos días coincidindo coas intensas precipitacións rexistradas.
10.04.2019.- A raíz da problemática de filtración de augas residuais que viñan padecendo algúns veciños da zona, o Concello intensificou dende o pasado mes de novembro as labores de mantemento das redes de saneamento con limpezas frecuentes das canalizacións que se fan co camión succionador. Precisamente, foi na última intervención de camión, a realizada onte, na que se detectou unha posible obturación da rede, ao non pasar a mangueira por un punto polo que hai uns días si pasaba. Sospéitase que as trobas de auga dos últimos días arrastrasen terra e materiais sólidos cara ao saneamento provocando este taponamento.

Para tratar de resolver o problema, mañá abrirase a vía, á altura do número 13 da Rúa Vilaboa, para revisar as redes e tratar de atopar e resolver o problema.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -