_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Concello avalía as ofertas de dez empresas para adxudicar a obra da cuberta da grada de preferente da Lomba

O servizo de Contratación do Concello de Vilagarcía esta avaliando as 10 propostas presentadas por outras tantas empresas de construción interesadas en facerse co contrato para a reforma da cuberta da grada de preferente do campo de fútbol municipal da Lomba. O Concello investirá nesta actuación 181.442 euros co obxectivo de resolver os problemas de filtración de auga que sofre a vella cuberta baixo a que se resgarda o público que acude a presenciar os partidos á Lomba.
08.04.2019.- A actuación enmárcase no plan de mantemento e mellora das infraestruturas deportivas que leva a cabo o Concello e financiarase con fondos do Plan Concellos da Deputación correspondentes aos exercicios 2018/19. O proxecto ten un prazo de execución de 3 meses.

A obra proxectada polo Concello comezará cunha actuación de restauración e reforzo da estrutura que soporta a cuberta, consistente na eliminación de óxidos e tratamento dos piares para sanealos e reforzalos convenientemente. A actual será desmontada por unha empresa autorizada e seguindo os procedementos establecidos pola lexislación vixente ao tratarse de materiais que conteñen amianto. Por último, instalarase a nova cuberta de paneis de chapa grecada. A xeometría e as características construtivas do novo tellado serán similares á da grada principal ou de tribuna. A actuación tamén prevé a instalación de pasamáns e varandas protectoras nas zonas de escaleiras.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -