_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación de Deportes formará a 130 xóvenes nas escolas náuticas de remo, vela, piragüismo e salvamento acuático

A Fundación Municipal de Deportes volverá a poñer en marcha este verán as catro escolas náuticas para as especialidades de remo, vela, piragüismo e salvamento acuático. As actividades están dirixidas a rapaces e rapazas de Vilagarcía, de 8 a 16 anos, que saiban nadar e o custe de participación é de 12 euros para cada actividade, prevéndose as bonificacións habituais. En total ofértanse 130 prazas con 40 para a escola de vela e 30 para cada unha das demais. A primeira actividade en celebrarse, do 3 de maio ao 30 de xuño, será a de vela, cuxo prazo de inscrición se abre o luns, 8 de abril.
05.04.2019.- O Consello Reitor da Fundación de Deportes aprobou na reunión celebrada onte a oferta das escolas náuticas municipais de 2019 a celebrar a partir de maio e durante os meses de verán. Como se dixo anteriormente, a especialidade de vela desenvolverase do 3 de maio ao 30 de xuño, a escola de salvamento acuático, do 4 de xuño ao 4 de agosto, mentres que as de piragüismo e remo celebraranse entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. Nos catro casos, impartiranse dúas horas semanais, as cales poderían recibirse nunha única sesión.

O período de inscrición de alumnos na escola de Vela vai do 8 ao 26 de abril; na de salvamento acuático, do 29 de abril ao 24 de maio; e para as escolas de piragüismo e remo establécese un único período de inscrición que vai do 2 de maio ao 21 de xuño. As solicitudes deben presentarse na oficina da Fundación de Deportes do Concello, sitas no pavillón de Fexdega. A adxudicación das prazas realizarase por orde de inscrición.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -