CONCELLO
Comproba aquí si fuches seleccionado para unha mesa electoral nas eleccións xerais do 28 de abril O Concello de Vilagarcía publica nos seus medios electrónicos o resultado do sorteo para a composición das mesas electorais dos comicios xerais a celebrar o vindeiro 28 de abril. As persoas interesadas en saber si foron designadas poden comprobalo, mediante o seu número de DNI, na lista pendurada no taboleiro de anuncios desta web e da sede electrónica do Concello. Nestes mesmos medios está publicada a lista de colexios electorais establecidos pola Xunta Electoral de Zona.
05.04.2019.- O sorteo para a seleccións das persoas que comporán as mesas electorais nas eleccións xerais do 28 de abril celebrouse no Pleno do pasado martes, 2 de abril. A través do procedemento automatizado foron designadas as persoas que actuarán como presidentes de mesa e vogais, así como os posibles suplentes.
As persoas designadas tamén serán notificadas no seu domicilio. No caso de non estar en condicións ou non poder cumprir con este requirimento, dispoñen ata o 13 de abril para presentar alegacións indicando as causas que lles impidan ser membro da mesa electoral. Este trámite deberán facelo ante a Xunta Electoral de Zona-Xulgado de 1ª Instancia e Instrución Nº4, Rúa Emilia Pardo Bazán 31, Cambados.