_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Benestar informa das axudas autonómicas para familias con fillos e fillas menores de tres anos

A Concellería Igualdade e Benestar do Concello informa ás familias do municipio sobre a apertura do prazo de solicitude das axudas de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos convocadas pola Xunta de Galicia para o ano 2019. As prestacións oscilan entre os 360 e os 2.400 euros anuais en función do número de fillos o fillas. O prazo de solicitude abriuse hoxe e é de 35 días hábiles.
04.04.2019.- Os beneficiarios desta prestación económica por pagamento único poderán ser as persoas que teñas fillos ou fillas menores de 3 anos nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017. A percepción está condicionada polo requisito de que nin o solicitante nin ningún outro membro da unidade familiar estivera obrigado a presentar a declaración da renda por razón dos ingresos no ano 2017, nin a presentara de xeito voluntaria aínda sen estar obrigado a facelo.

Tamén poderán beneficiarse das axudas as fillas e fillos adoptados ou acollidos mediante resolución xudicial ou administrativa ditada entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017. Nos casos de separación ou divorcio, beneficiarase da axuda o proxenitor que teña a custodia do cativo. As persoas estranxeiras que residan en Galicia, poderán beneficiarse da prestación sempre que teñan a condición de contribuíntes e cumpran as condicións fixadas na Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A contía será de 360 euros cando sexa a primeira filla ou fillo, de 1.200 se é o segundo e de 2.400 se é o terceiro ou sucesivos.

A orde que regula a concesión destas axudas publicouse no DOG do 3 de abril de 2019. O prazo de solicitude abriuse hoxe e os interesados dispoñen de 35 días hábiles para facer os trámites. Os impresos poden recollelos nos Servizos Sociais do Concello e, unha vez cubertos e engadida a documentación requirida, tamén poderán presentar as solicitudes a través do Portelo Único no Rexistro Xeral do Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -