_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Iniciado o procedemento para contratar a reposición da cuberta do pavillón de Faxilde

O pavillón de Faxilde será a próxima infraestrutura deportiva na que actuará o Concello de Vilagarcía co obxectivo de mellorar as instalacións e as condicións de uso das mesmas. Neste caso, as obras consistirán no cambio da cuberta que se atopa moi deteriorada polo paso do tempo e a través da que se filtra auga, e precisarán dun investimento de 57.154 euros que se financiarán a través do Plan de Obras e servizos (POS) da Deputación. O organismo provincial xa aprobou a subvención, polo que o Concello puxo en marcha os trámites para contratar a obra que ten un prazo de execución de 2 meses.
03.04.2019.- O pavillón de Faxilde emprázase nas inmediacións do colexio polo que os seus usuarios son tanto o colectivo escolar do centro vilaxoanés coma a Fundación Pública de Servizos Deportivos, que utiliza este pavillón para albergar as actividades propias, así como para dar servizo a distintos clubs deportivos do municipio que o usan para adestramentos e celebración de partidos. Consecuentemente, a obra repercutirá positivamente nun amplo número de persoas.

A actuación promovida polo Concello xustifícase polo mal estado non que se atopa a cuberta do edificio construído no ano 1977 e no que se observan bastantes puntos de filtración de auga e zonas oxidadas. Tamén se detectou unha baixante da recollida de pluviais rota. Estas circunstancias xeran a filtración de auga e humidades ao interior da instalación deportiva o que, ademais de supoñer un risco para a práctica deportiva a consecuencias de resbalóns e caídas, tamén acelera o deterioro das mesmas.

Para resolver esta problemática, o proxecto promovido polo Concello prevé a substitución do material actual de cobertura do pavillón por paneis sándwich vermello- tella e remates en chapa metálica da mesma cor. A iluminación cenital manterase, dispoñendo nos tragaluces novas planas translúcidas de policarbonato. Tamén se colocarán novos canalóns de pluviais que se conectarán as actuais baixantes e arranxarase a que se atopa rota.

Ademais de acabar coa filtración de auga e coas humidades, a execución desta obra mellorará a envolvente térmica do pavillón aportando maior confort aos usuarios.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -