_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Entra en vigor a reordenación de acceso a garaxes e da carga e descarga en Ravella

A Policía Local de Vilagarcía pon en marcha mañá, mércores 3 de abril, unha nova regulación de tráfico na contorna do Parque de Ravella. A medida componse de cambios apenas significativos cos que se pretende ordenar de mellor xeito o acceso aos garaxes situados nas zonas peonís, así como o tránsito dos vehículos de carga e descarga, de xeito que se favoreza a mobilidade e se garanta a seguridade dos peóns.
04.04.2019.- A partir de mañá mércores, para realizar labores de carga e descarga e para acceder aos garaxes do lateral da cafetería Maty, deberán realizar tanto a entrada e saída dende Juan Carlos I e polo corredor da zona peonil que discorre pegado ao parque. O outro lado, o pegado aos edificios, bloquerase ao inicio cun banco de xeito que so podan circular por el os peóns.
A ordenación na rúa Ramón y Cajal divídese en dous zonas. Tanto a entrada como a saída aos garaxes situados no tramo que desemboca en Rey Daviña realizarase única e exclusivamente dende a Rúa Arapiles, ao igual que as labores de carga e descarga.

No tramo de Ramón y Cajal comprendido entre Arapiles e a intersección con Juan Carlos I e Gumersindo Nartallo, a entrada garaxes farase dende a primeira (Juan Carlos I) e a saída cara a segunda. Un elemento do mobiliario urbano impedirá o paso de vehículos cara ao acceso ao do Parque de Ravella e á Rúa Arapiles.

A policía Local advertiu hai días aos veciños da zona dos cambios que entren en vigor mañá. A primeira hora da mañá comezarase a instalar a sinalización e a colocar nos puntos estratéxicos os elementos do mobiliario urbano.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -