_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela expuxo a experiencia integradora de Vilagarcía na xornada da Fundación ONCE presidida pola ministra Batet

A labor desenvolta nos últimos anos en Vilagarcía para favorecer a inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade foi unha das experiencias seleccionadas pola Fundación ONCE para ser expostas no “Desayuno Por Talento” que tivo lugar onte en Madrid e que versou sobre “A inclusión social nas políticas municipais”. O alcalde, Alberto Varela, foi o encargado de relatar as diferentes medidas postas en práctica dende o Concello no acto que contou coa presenza da Ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, e coa do presidente do Grupo Social ONCE, Miguel Carballeda.
02.04.2019.- Na súa intervención, o rexedor comentou que as políticas sociais tiveron prioridade absoluta durante os catro anos de mandato do seu goberno, afirmación que sustentou con datos como o incremento de case o 90% que rexistrou o presuposto destinado a gasto social neste período e o aumento do 62% no persoal do departamento de Servizos Sociais. No que ás persoas con discapacidade se refire, Varela Paz explicou que o Concello afrontou as políticas de integración dun modo transversal, a través das áreas de emprego, servizos sociais, deportes, cultura, turismo, urbanismo, obras e servicios…

O alcalde referiuse en primeiro lugar ao Convenio asinado polo Concello coa Fundación Inserta da ONCE para favorecer a inserción laboral de persoas con discapacidade a través de información, asesoramento e o contacto coas empresas da zona. Tras as diversas accións desenvolvidas dende a posta en marcha desta colaboración, xa son 19 as persoas con discapacidade residentes en Vilagarcía inscritas como demandantes de emprego na base de datos de Inserta Emprego.

Máis axudas económicas

No ámbito dos Servizos Sociais, o Concello elevou a suma das axudas económicas municipais ás asociacións de persoas con discapacidade, incrementáronse nun 90% as horas do Servizo de Axuda a Domicilio e aportáronse 40.000 euros para axudar á construción da residencia de Con Eles para persoas con discapacidade intelectual.

Tamén para favorecer a integración efectiva deste colectivo, identificáronse todos os edificios e servizos municipais con pictogramas, equipáronse as praias con cadeiras e muletas anfibias, e renováronse os convenios co Centro Bata de Autismo de Vilagarcía para favorecer a integración socio laboral dos seus usuarios a través dos servizos de reparto de publicidade e da colaboración no mantemento de parques e xardíns públicos.

Integración nas actividades lúdicas e nas festas

Seguindo a transversalidade na aplicación das políticas de integración, Varela referiuse ás medidas incluídas no apartado de festexos e cultura, como a tradución do pregón das festas de San Roque á linguaxe de signos, á realización de contacontos en linguaxe de signos e os espectáculos do Festiclown levados a todos os centros para persoas con discapacidade.

Dado que o deporte é un elemento fundamental para a saúde e benestar, e tamén para favorecer a integración, o alcalde apuntou que de acordo co lema “Deportes para todos” que ten a Fundación Municipal, o Concello fixo unha forte aposta polo deporte inclusivo mediante a intensa colaboración coa entidade Special Olympics e coa Federación Galega de Deporte Adaptado na organización de campionatos de deporte adaptado, lembrando que Vilagarcía é dende hai uns anos sede estable deste tipo de eventos de nivel autonómico. Ademais, en todas as actividades organizadas se reservan prazas para as persoas con discapacidade que desexen asistir como público.

Modelo de cidade

O alcalde destacou na súa intervención na xornada de Madrid que a mobilidade e a accesibilidade son dous dos piares fundamentais do modelo de cidade que o seu goberno segue para deseñar unha Vilagarcía na que o peón sexa actor principal nos espazos públicos. A través das áreas de Urbanismo, Obras e Servizos leváronse a cabo numerosas actuacións encamiñadas a garantir a integración das persoas con discapacidade mediante as peonalizacións e humanización de rúas e prazas, a eliminación de barreiras arquitectónicas e a utilización na construción de pavimentos de materiais e acabados accesíbeis que faciliten o tránsito de cadeiras de rodas e das persoas con mobilidade reducida.

Neste apartado, o rexedor citou ademais a instalación de ascensores e a construción de ramplas de acceso en edificios públicos, o rebaixe de beirarrúas, a instalación de semáforos sonoros con alerta para invidentes a través do bluetooth do teléfono e a colocación de xogos adaptados nos parques infantís.

Plans de emprego e subvencións que puntúan a contratación de persoas con discapacidade

En materia de emprego, un ámbito esencial para acadar a plena integración, o rexedor recordou que unha das primeiras medidas adoptadas polo seu goberno foi a introdución de cláusulas sociais en todos os contratos licitados polo Concello (tanto de obras como de servizos), dando maior puntuación ás empresas que contratasen a persoas con discapacidade. Tamén dende inicio do mandato, en todos os plans de emprego municipais se prioriza a contratación de persoas con discapacidade, e nas subvenciones que o Concello concede ás empresas para fomentar a contratación tamén se valora ás firmas que contraten a traballadores deste colectivo.

Por último, na área de Turismo e Patrimonio, Alberto Varela explicou na Fundación ONCE que Vilagarcía vai contar en cuestión de meses coa 1ª Vía Verde de Galicia, una senda peonil de case 10 Km totalmente completamente accesíbel, e que o Concello dotou de accesos para persoas con mobilidade reducida o Castro de Alobre , un dos principais valores patrimoniais e referentes turísticos da cidade para todo o mundo poida gozar del.

Demanda máis recursos para os concellos

O alcalde de Vilagarcía rematou concluíndo que maila que nestes últimos anos se avanzou moito en materia de integración, “aínda queda moito por facer, para o cal os concellos -que somos aos que primeiro nos chegan as necesidades e os que debemos actuar en primeira instancia- debemos contar co apoio económico das administracións superiores”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -