_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O fútbol feminino de maior nivel regresa a Vilagarcía con tres partidos clasificatorios do Campionato Europeo sub19

Vilagarcía de Arosa acolle entre o 3 e o 9 de abril unha fase do Campionato Europeo de Fútbol Feminino sub19 cuxa sede comparte con Santiago de Compostela. O Campo Municipal da Lomba será o escenario de tres encontros internacionais a disputar polas seleccións de Hungría, Serbia e Irlanda. Dende o Concello faise un chamamento aos vilagarciáns e aos veciños da bisbarra para que respalden o fútbol feminino acudindo a presenciar os encontros que terán lugar os días 3, 6 e 9 de abril e cuxa entrada é de balde.
01.04.2019.- O calendario de Vilagarcía ábrese este mércores, 3 de abril ás 13:00 horas co partido entre as seleccións de Hungría e a República de Irlanda13:00. O segundo encontro celebrarase o sábado 6, tamén ás 13:00 horas, e terá como rivais ás seleccións da República de Irlanda e serbia. O último dos partidos a celebrar na Lomba terá lugar o martes 9 de abril a partir das 18:30 horas e será disputado polas escuadras nacionais de Serbia e Hungría. O campionato complétase co resto dos partidos que estas tres seleccións xogarán en Santiago contra a selección española, a actual Campiona de Europa.

Este torneo é clasificatorio para o Campionato Europeo de fútbol feminino sub19 que se celebrará en verano en Escocia. A selección que quede primeira na liguiña galega, pasará directamente á fase final.

O torneo presentouse esta mañá no Concello coa participación do concelleiro de Deportes, Argimiro Serén e do vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, José Manuel Fernández. Serén agradeceu á federación que volvese a confiar en Vilagarcía para acoller un torneo de fútbol feminino de tan alto nivel e lembrou o éxito da anterior cita, celebrada hai dous anos, na que as seleccións de Galicia e Cataluña disputaron un partido no campo da Lomba. O concelleiro de Deportes tamén agradeceu a colaboración do club Atlético Arousana e do Arosa S.C. cuxo presidente tamén participou na presentación.

Ademais da relevancia de acoller un campionato internacional de seleccións, a celebración deste resulta especialmente especial na capital arousá, volcada na promoción de deporte feminino e do fútbol máis en concreto. Non en van, Vilagarcía foi o primeiro municipio de Galicia en darlle a un campo de fútbol, neste caso ao de Bamio, o nome dunha futbolista: Mai Paz Vila, veciña da mesma parroquia e deportista consagrada. Serén apuntou que, este firme apoio polo deporte feminino transcende máis alá do ámbito da administración local, xa que o club de fútbol de Bamio vén de crear unha sección feminina que se suma, deste xeito, ao equipo da cidade, ao Atlético Arousana.

Pola súa banda, o vicepresidente da Federación galega de Fútbol agradeceu “as facilidades que sempre nos da o Concello de Vilagarcía cada vez que lle propoñemos acoller un evento” e lembrou que outros municipios do Salnés serán partícipes desta fase do Campionato de Europa posto están programados adestramentos das tres seleccións que xogan en Vilagarcía en campos de municipios da contorna, como Cambados, Ribadumia, Meis e Portonovo.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -