_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello habilita novas bolsas de aparcamentos no solar da Garda Civil e en parte dos terreos para ampliar a piscina

A política de creación de bolsas de estacionamento público que está a levar o Concello de Vilagarcía nos últimos catro anos incorporará en breve dous novos emprazamentos nas zonas do Piñeiriño e Fontecarmoa. Trátase do solar que posúe a Garda Civil entre o colexio do Piñeiriño e o pavillón de deportes de Fontecarmoa, e parte dos terreos recentemente adquiridos polo Concello para ampliar a piscina municipal. Con estas dúas bolsas compénsanse a finalización do convenio dos terreos dos González Garra, situados na rúa Alfredo Brañas, ao outro lado do colexio, e que os propietarios non quixeron renovar.
30.03.2019.- A posibilidade de utilizar o solar da Garda Civil foi posible grazas ás xestións realizadas polo alcalde, Alberto Varela, ante os responsables do Corpo Armado, que xa comunicaron por escrito a súa autorización para que o Concello use os terreos como estacionamento público ata que se leve a cabo a construción do novo cuartel. Nestas xestións, o rexedor tamén contou coa intermediación da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maika Darriba.

O solar da benemérita ten unha superficie total de 7.665 metros cadrados. O concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño, ten previsto iniciar de inmediato as labores de limpeza e desbroce para comprobar si a orografía da mesma permite a completa utilización dos terreos ou so parte. En calquera caso, os traballos levaranse a cabo coa maior celeridade posible.

En todo caso, o Concello solicitará á propiedade seguir usando esa parcela ata que conclúa o acondicionamento dos dous novos estacionamentos. Os traballos comezan o luns.

Ensanche de vía

Do mesmo xeito, o luns comezarán os traballos de acondicionamento de parte da parcela adquirida polo Concello detrás da actual piscina para que os usuarios do complexo deportivo poidan usalo como estacionamento mentres non comecen as obras de ampliación. Aproveitando estes traballos tamén se ancheará o tramo do vial de servizo que sae á vía rápida e que se estreita formando un funil xusto no linde coa parcela municipal.

Valoración positiva do convenio dos González Garra

omo se dicía, estas dúas mediadas compensarán o vencemento, o vindeiro domingo, 31 de marzo, do convenio para a utilización da finca da familia Fernández Garra. Pese á negativa dos propietarios a renovalo, o goberno local agradece a súa colaboración e valora moi positivamente o acordo, posto que permitiu dispor dunha gran bolsa de estacionamento público mentres non existía outra alternativa nun barrio tan densamente poboado, e tamén dou un gran servizo ao colexio e aos usuarios e público das infraestruturas deportivas municipais de Fontecarmoa, das pistas de atletismo e do campo Manuel Jiménez.

A maiores, o executivo socialista lembra que, grazas a este convenio, o Concello obtivo a cesión da franxa de terreo que permitiu construír a beirarrúa dende a saída do colexio, aportando maior seguridade ao alumnado e ao resto de peóns que transitan esta rúa cada día.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2019  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -