_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Alberto Varela presenta en Madrid a segunda edición do Clasclás ante a prensa especializada

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, presentou este mediodía en Madrid e ante a prensa especializada a segunda edición do Clasclás, o Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía. O director artístico do certame, o violinista Guy Braunstein, tamén participou na presentación celebrada na sala de Hinves Pianos, onde se desvelaron algunhas das novidades do festival promovido polo Concello de Vilagarcía e Conservatorio Municipal de Música que terá lugar na capital arousá entre o 27 de xuño e o 6 de xullo.
29.03.2019.- Ademais de prensa especializada, formaban parte da audiencia, formada por algo máis de 50 persoas, músicos e incluso os directores de Cultura das embaixadas de Austria, Rusia e Corea do Sur, países que aportan músicos ao certame. A representación vilagarciá nesta posta de largo no Clasclás na capital do Estado contou tamén coa presenza dos concelleiros de Cultura e Educación, Sonia Outón e Argimiro Serén e coa da directora do Conservatorio Rosina Sobrido. Ademais, a presentación estivo conducida polo xornalista e crítico musical, David Rodríguez Cerdán.

O alcalde, Alberto Varela, expuxo á audiencia especializada que Vilagarcía converteuse o ano pasado nun foco de atracción prioritario para os amantes da música clásica coa celebración da primeira edición do festival, unha edición que resultou un éxito de participación, público e crítica, debido a dous aspectos fundamentais: o innovador e potente proxecto e o ambicioso programa que incluíu 12 concertos – a maioría de balde, 14 masterclasses, 23 workshops, encontros con profesionais e un programa de formación (Young Artist Program) no que participaron 27 xóvenes artistas procedentes de dez países seleccionados a través dunha convocatoria internacional.

A abrumadora resposta obtida por parte do público, os recoñecementos expresados polos participantes, a repercusión mediática e o propio interese do Concello por consolidar o Clasclás como referente no eido dos festivais de música clásica, propician que xa nesta segunda edición o certame un importante salto cuantitativo y cualitativo.

Entre as novidades do programa deste ano destaca o concerto inaugural ofrecido pola Orquesta Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Guy Braunstein. O festival tamén amplía a súa duración, de 7 a 10 días. A lo longo desas xornadas ofreceranse 14 concertos, 10 de eles gratuítos. Como na edición anterior, algúns destes concertos terán como escenarios os espectaculares pazos de Rubiáns e da Golpelleira e a igrexa conventual de Vista Alegre.

O director artístico, que agasallou aos presentes cun recital de violín, explicou que o Clasclás apostará novamente pola vertente social e intentará, aínda máis, achegar a música clásica a todos los colectivos, reforzando el compromiso educativo cos xóvenes músicos que estudan no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía e con aqueles que veñen para participar no Young Artist Programa (YAP). Nesta ocasión participarán nel 30 xóvenes músicos procedentes de España, Estados Unidos, Rusia, Azerbaián, Romanía, Finlandia, Alemaña, Israel, China, Polonia y Austria, entre os que se atopan primeiros premios de prestixiosos concursos internacionais como Shanghai Violin Competition 2018, ARD Múnich Viola 2018, Lutovslawsky Cello Competition, Buenos Aires Violín Competition o Juventudes Musicales de España, entre outros.
Braunstein tamén salientou a calidade e o elevado nivel dos músicos que participarán no Clasclás en calidade de mentores e que tamén proceden de diversos países do mundo.

Ademais, o festival volverá a ser un evento dinamizador da actividade cultural galega, non so polo ciclo de concertos, senón pola actividade paralela que conleva a través do Summit, programa que contribúe a reforzar o tecido da industria cultural da música, unido todo isto a novas colaboracións surxidas da difusión internacional do festival, como a existente coa Universidade de Deusto a través do Proxecto Europeo Connect.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -