_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Concellería subvenciona unha viaxe de 4 días a Oporto e arredores para 55 persoas maiores

O Concello de Vilagarcía organiza e subvenciona unha nova viaxe cultural de cinco días e catro noites de duración destinada ás persoas maiores do municipio. A excursión a realizar entre o 10 e 0 14 de maio, ambos incluídos, e terá como destino principal Oporto, aínda que o programa inclúe a visita a outras localidades do pais veciños como Coimbra, Aveiro, Cota Nova e Figueira da Foz, entre outras. A cantidade a abonar polos participantes é de 200 euros por persoa en habitación dobre e pensión completa. O prezo inclúe os traslados, as visitas, guía acompañante e seguro de viaxe internacional.
27.03.2019.- A Concellería de Persoas Maiores subvenciona esta viaxe o que reduce a cantidade a abonar polos participantes. No caso de optar unha habitación individual, o custe elévase aos 260 euros. Ofértanse 55 prazas (un autobús completo) e o prazo de inscrición ábrese o 2 de abril. A asignación de prazas e de asentos no autocar realizarase por orde de inscrición. Os interesados deben dirixirse ao departamento de Persoas Maiores para anotarse.

Os requisitos para poder participar nesta viaxe son ter 65 anos cumpridos ou ser pensionista e ter cumpridos os 55 anos. Os solicitantes deben estar empadroados en Vilagarcía.No caso d eir coa súa parella,no é preciso que esta reúna os requisitos de idade e pensión, nin tampouco o de empadroamento, aínda que neste último caso o prezo a abonar polo acompañante elévase a 234 euros.
Esta actividade inclúese no programa anual de viaxes culturais que organiza o departamento que dirixe Tania García e que teñen como obxectivo ofrecer ás persoas maiores e ao colectivo de xubilados unha alternativa cultural e de ocio accesíbel as súas posibilidades económicas e favorecer actividades que contribúen á socialización e ao envellecemento activo da poboación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -