_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O monte Xiabre reunirá ata 400 deportistas en dúas probas de Enduro e BTT o 28 de abril

O monte Xiabre acollerá o vindeiro 28 de abril a VI Ruta Enduro e a II Ruta BTT, que, organizadas polo club local CastroBike coa colaboración do Concello e a Fundación de Deportes, confía en reunir ata catrocentos deportistas (200 por proba). O alcalde, Alberto Varela, e os concelleiros de Deportes e de Relacións Veciñais, Lino Mouriño, asistiron hoxe á presentación do evento, por expresa petición dos membros do club (arredor de 20 dos 50 que o conforman estiveron presentes no acto).
23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta xa con numerosos trofeos, está formando unha base e organiza dúas probas que en moi pouco tempo se converteron en cita asidua para os amantes da bicicleta de montaña. De feito, para as probas do Xiabre teñen inscricións de toda Galicia e tamén algunha de Asturias, Castela-León e Portugal. Incluso, segundo comentaron, teñen un participante que un día antes chega coa súa caravana e durme en Castroagudín, aos pés do monte, á espera da proba do día seguinte.

A proba de Enduro ten unha lonxitude de 25 quilómetros e a de BTT, de 40. Ambas comparten, sen embargo, un desnivel medio acumulado, entre 1.200 y 1.400 metros de altura. A ruta Enduro se desenvolve por un trazado de "trialeras" mentres que o de BTT vai por pistas abertas. Aínda que os interesados son ser moitos máis, o club puxo o límite en 200 participantes por proba porque quere que a atención aos deportistas sexa a mellor posible e a mellor baza de publicidade para futuras edicións.

O socios e directivos do club CastroBike tiñan especial interese en que o alcalde e o presidente da Fundación de Deportes asistiran ao acto de presentación das rutas para que viran tamén, de primeira man, o resultado do convenio entre o Concello e a entidade, que permitiu recuperar a antiga escola unitaria de Castroagudín, durante anos abandonada. Hoxe, a antiga aula de ensino é un moderno ximnasio no que locen os trofeos; o que foron os aseos para a profesora e os seus alumnos son agora un vestiario con zona de duchas; o que fóra a casa da mestra se usa para oficinas e almacén; e o que foi patio de xogo converteuse nunha zona axardinada ben coidada. En definitiva, un exemplo de como recuperar o patrimonio municipal para darlle novos usos sociais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -