_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Escola Infantil de Vilaxoán empezará a funcionar en outono cunha oferta de 74 prazas para nenos de 0 a 3 anos

A nova Escola Infantil de Vilaxoán entrará en funcionamento o vindeiro outono, co inicio do novo curso escolar 2019/20. Representantes do Concello de Vilagarcía e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar mantiveron onte unha xuntanza na que se concretou a participación económica de cada administración para o mantemento do servizo, así como os trámites a seguir para a súa posta en marcha. Inicialmente, ofertaranse 74 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. O prazo de matrícula xa está aberto e os interesados poden recoller os formularios nas dependencias da Galiña Azul de Carril.
23.03.2019.- As concelleiras de Benestar e de Urbanismo, Tania García e Paola María, xunto coa coordinadora de Servizos Sociais do Concello, Iria Camba, desprazáronse onte ata Santiago para reunirse cos responsables do Consorcio. O resultado da xuntanza foi altamente positivo en opinión das concelleiras, posto que se confirmaron os prazos de posta en marcha da terceira gardería pública de Vilagarcía.

Segundo indicaron dende o Consorcio a intención é que o servizo entre en funcionamento a principio de curso ou, como moi tarde, unhas semanas despois. Para ir adiantando, o organismo autonómico ten previsto sacar a licitación despois de Semana Santa a dotación de equipamentos e mobiliario necesarios para apertura da escola infantil. Neste apartado investiranse 100.000 euros. De xeito paralelo irase procedendo á selección do persoal e á matriculación do alumnado.

Aínda que o centro ten capacidade para 82 alumnos, neste primeiro curso, a Escola Infantil de Vilaxoán ofertará 74 prazas distribuídas en 5 liñas. Haberá un aula de bebés (de 0 a 1 ano) dotada de 8 prazas, dúas aulas de 13 prazas cada unha para alumnado de 1 a 2 anos e outras dúas de 20 prazas para nenos de 2 a 3 anos.

Como se sabe, a Escola Infantil de Vilaxoán foi promovida polo Concello que destinou a súa construción case 600.000 euros dos fondos que lle corresponderon a Vilagarcía a través do Plan Concellos da Deputación, polo que o edificio é de titularidade municipal, a diferenza da gardería de Carril que foi construída pola Xunta. Non obstante, como no caso do centro carrilexo, a raíz das xestións realizadas polo goberno local, a gardería de Vilaxoán tamén se integra na Rede Galega de Servizos de Igualdade e Benestar, polo cal será xestionada directamente polo Consorcio, que se encargará de equipala e amoblala, de dotar ao centro do persoal necesario para o seu funcionamento e de soster os custes da plantilla. Pola súa banda e a maiores dos 600.000 euros que supuxo a construción do edificio, o Concello contribuirá no financiamento do servizo aportando unha cantidade de 900 euros anuais por cada praza ocupada e asumirá as labores de mantemento das instalacións.

As condicións da colaboración en materia económica e do sistema de xestión concrétanse no convenio redactado polo Consorcio e que as concelleira trouxeron onte para proceder a súa aprobación por parte da Xunta de Goberno a posterior sinatura. A validez deste convenio ten unha duración inicial de 4 anos.

Compromiso electoral cumprido

Coa posta en marcha da Escola Infantil de Vilaxoán, o equipo de Alberto Varela atende unha importante demanda social e cumpre un dos principais compromisos do seu programa electoral: ampliar o número de prazas públicas de gardería para a escolarización de nenos de 0 a 3 anos. A medida baseábase na elevada demanda existente dende hai anos, posto que as dúas escolas infantís públicas de Vilagarcía – a municipal da Lomba e a da Galiña Azul en Carril- teñen plena ocupación e contan con importantes listas de agarda. Esta situación imposibilita en moitos casos a conciliación da vida familiar e laboral e obriga ás familias con menor poder adquisitivo a realizar un sobre esforzo económico importante ao ter que recorrer a centros privados que teñen un maior custe.

Elemento vertebrador e dinamizador

A elección de Vilaxoán para emprazar a terceira escola infantil pública non foi de causalidade. Veu motivada como elemento vertebrador da oferta (a zona norte está cuberta coa gardería de Carril, a zona centro coa da Lomba e agora, a sr coa de Vilaxoán). Ademais, a existencia deste servizo en Vilaxoán pode contribuír á dinamización social desta zona do municipio e evita que a numerosa poboación que suman as parroquias de San Martín de Sobrán, Sobradelo e Solobeira teña que seguir desprazándose ata Vilagarcía ou Carril para escolarizar aos seus cativos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -