_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello destina 244.000 euros a novas actuacións de asfaltado e mellora de camiños municipais no rural

O Concello de Vilagarcía investirá este ano 244.000 euros en actuacións de asfaltado e mellora de camiños das parroquias do rural e da periferia. O plan levarase cabo en dúas fases e beneficiará a camiños das zonas de Rubiáns, Solobeira, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, Castroagudín, Bamio, A Laxe, Faxilde, Cornazo e á travesía Pablo Picasso. Estas actuacións financiaranse con cargo ao Plan Concellos da Deputación, nun caso coas rebaixas en adxudicacións de obras e noutro polo cambio de finalidade dun investimento. Os proxectos das dúas fases do plan xa están redactados e aprobados pola Xunta de Goberno Local e o Concello xa trasladou á Deputación a solicitude de reinvestimentos dos fondos.
23.03.2019.- Os camiños nos que se vai a actuar precisan dunha intervención debido ao desgaste da actual capa de rodadura, á afundimentos ou á presenza de fendas ou fochas. Os traballos aproveitaranse para ensanchar os camiños naquelas zonas onde se levaron a cabo retranqueos para axustar á vía ás aliñacións previstas no PXOM, mellorando así as condicións da calzada e aumentando a seguridade viaria.

Os traballos a realizar consistirán no varrido inicial da superficie dos camiños, a mellora da capa de rodadura mediante asfaltado e a elevación das tapas de rexistro existentes. Cada unha das fases do plan de asfaltado e mellora de camiños ten un prazo de execución de 2 meses.

A primeira fase do plan inclúe actuacións en camiños de Rubiáns, Solobeira, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, Castroagudín en travesía Pablo Picasso. O custe destas obras ascende a 99.469 euros que se financian co reinvestimento das cantidades siobrantes coas rebaixas das obras de humanización da Rúa Vázquez leis, en Vilaxoán, e Rúa Cervantes en Carril.

Na segunda fase actuarase sobre camiños de Rubiáns, Bamio, A Laxe, Faxilde e Cornazo. O custe destas obras elévase a 144.618 euros. Para financiar esta fase solicítase o cambio de finalidade da subvención solicitada inicialmente á Deputación para a ampliación da piscina municipal, posto que as obras non estarán rematadas antes da finalización do prazo do POS. En todo caso, a construción da segunda piscina levarase a cabo igualmente cos fondos FEDER, como se dixera dende o principio, e en caso de necesitar complementarse, recorreríase a fondos propios ou ás seguintes convocatorias do Plan Concellos.

As obras poderán saír a licitación tan pronto como a Deputación comunique a aprobación do reinvestimento e do cambio de finalidade das subvencións do POS.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -