_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A Concellería de Cultura abre o prazo de inscrición na Festa dos Maios 2019

A Concellería de Cultura abriu hoxe o prazo para inscribirse na Festa dos Maios a celebrar o vindeiro 1 de maio no Parque Miguel Hernández. As persoas ou colectivos interesados en participar nesta tradicional celebración na que se da a benvida á primavera poderán anotarse nas dependencias da Concellería, sitas no Auditorio, de luns a venres, polas mañás, ata ás 13:00 horas do día 12 de abril. Os grupos participantes serán agasallados con rosca e cunha compensación económica cuxa suma dependerá do tipo de maio, do número de compoñentes e de si, ademais da composición floral, aportan cantigas que deberán interpretar o día da celebración.
20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal , onde tamén está dispoñible o formulario de inscrición. Nas bases recóllense, por exemplo, as cinco categorías nas que se pode participar: maio cónico, artístico, cruz de maio, caixas e barcos. Ademais de presentar a composición floral, os grupos poden participar con ou sen coplillas. Os premios máis elevados correspóndense cos maios máis laboriosos e de maiores dimensións, como son os cónicos e artísticos. En ámbolos dous casos as axudas son de 80 euros para participantes que non acheguen letras. A os grupos que leven coplas daráselles 100 euros se suman un mínimo de 10 integrantes e 200 euros se son grupos de máis de 25 compoñentes.

Para as categorías de maios máis pequenos, como a cruz de maio, caixas e barcos, establécense axudas de 30 e 40 euros para os que participen sen copla e de 50 e 60 euros paras os que si acheguen letra e que deberán contar cun mínimo de 4 membros no grupo.

Poderán participar na festa persoas a nivel individual ou en grupo, así como colectivos (asociación culturais, veciñais..) e centros educativos. Neste último caso so poderá presentarse un colectivo por colexio, xa sexa ANPA ou dirección. E cada participante só poderá presentar un traballo floral por cada modalidade.

A Concellería recomenda que na confección dos maios se utilicen materiais tradicionais e naturais e que se prescinda dos plásticos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -