_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Arrancan as obras de humanización da rúa Vázquez Leis

A empresa Nexia Infraestruturas inicia hoxe as obras do proxecto de humanización da rúa Vázquez Leis. A actuación programada polo goberno local no marco das políticas de humanización e dinamización dos núcleos urbanos permitirá renovar e modernizar por completo a imaxe da principal arteria de Vilaxoán, mellorar a súa accesibilidade e seguridade viaria e renovar as redes de auga e abastecemento. O Concello inviste nesta obra 204.616 euros que se financian cos fondos europeos obtidos a través da estratexia DUSI para o programa “Vilagarcía Avanza”. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses.
20.03.2019.- As obras que comezan hoxe afectarán ao tramo de Vázquez Leis comprendido entre o cruce coa Avenida de Vilanova e a Praza Rafael Pazos. Respectando a filosofía das demais humanizacións promovidas polo Concello, a remodelación permitirá que o peón sexa o protagonista principal desta rúa, pese a que se seguirá mantendo a circulación de vehículos. Para conseguir este fin, deixarase toda a vía a un mesmo nivel, diferenciando a zona peonil da de tránsito de vehículos mediante a diferenciación de pavimentos. Na zona de rodadura usarase formigón branco cepillado, e as beirarrúas cubriranse con lousas de pedra (granito silvestre), similar ás existente na praza. Por suposto, suprimiranse todas as barreiras arquitectónicas.

A praciña que existe á metade da rúa acondicionarase, creando unha pequena zona verde con céspede e arbustos de baixo porte na que se instalarán bancos de formigón con respaldo de madeira. Deste xeito crearase una pequena e coqueta zona de esparexemento que repercutirá positivamente na estética do conxunto.

Como en todas as obras que promove o actual goberno, o proxecto prevé a renovación das redes de saneamento e abastecemento de auga. Neste caso en concreto, prestarase especial atención ás canalizacións da recollida de pluviais dos edificios, que hoxe desaugan directamente sobre as beirarrúa coas conseguintes molestias para os peóns. Tras a execución da obra, todas as canaletas quedarán conectadas directamente á rede soterrada, de xeito que as augas pluviais non encharquen a zona de tránsito dos peóns. Tamén se soterrarán as canalizacións eléctricas e de telecomunicacións, e substituirase o actual alumeado público por outro máis eficiente, de tecnoloxía LED e con interruptor astronómico que axusta o prendido e apagado ás condicións lumínicas do día.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -