_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
SERVIZOS SOCIAIS
Benestar leva ao cine a 400 alumnos de ESO no marco dunha actividade de educación para a saúde

A Área de Benestar do Concello de Vilagarcía de Arousa pon en marcha esta semana a primeira edición do "Cinensino", un programa de educación en valores destinado a estudantes de 2º curso da ESO (13 e 14 anos). Utilizando o cine como ferramenta máis accesíbel e de interese para o alumado, as películas serán a base para o traballo que profesores e alumnos desenvolverán posteriormente nas aulas a través de unidades didácticas específicas centradas na educación para a saúde. O "Cinensino" súmase ao programa de Prevención do Ciberacoso que Servizos Sociais puxo en marcha nos institutos do municipio o ano pasado.
19.03.2019.- O "Cinensino" inaugúrase este xoves, 21 de marzo, coa primeira das tres películas que se proxectarán para o alumnado de referencia. A sesión terá lugar no Auditorio a partir das 10 da mañá e nela participarán os 400 estudantes de 2º da ESO dos institutos Castro Alobre, Armando Cotarelo, Fermín Bouza Brey e Miguel Ángel Estévez, así como dos CPR Sagrada Familia e San Francisco. A película que visionarán e sobre a que traballarán posteriormente será "Aurora", de Emilie Deleuze.

A través da temática destas películas, especialmente elixidas para a finalidade do programa e ao público ao que se dirixe, os adolescentes reflexionarán, faranse preguntas e cultivarán o espírito crítico. Con isto preténdese fomentar valores, actitudes e hábitos de vida saudables, reducir factores de risco e potenciar a prevención.

Ciberacoso por causa racial ou pola imaxe corporal

O segundo dos programas promovidos pola Área de Benestar e que ten como destinatario ao alumnado dos institutos é o de Prevención do Ciberacoso. A iniciativa que se puxo en marcha o ano pasado continúa este mes co desenvolvemento das sesións de teatro-foro que os alumnos de cada centro participante crearon en base a unha temática elixida por eles mesmos. Tras o traballo das últimas semanas, uns alumnos representarán a peza teatral sobre a que posteriormente debaterá e reflexionará o conxunto do alumnado.

Os estudantes da FP Básica de Electricidade do Fermín Bouza Brey crearon unha dramatización sobre un caso de ciberacoso por causa racial que mañá, 20 de marzo, representarán ante os alumnos de 1º da ESO nas instalacións do seu propio centro. O día 2 de abril, serán os estudantes da FP Básica de Comercio do Armando Cotarelo os que representen ante os seus compañeiros de 2º da ESO a súa peza sobre o ciberacoso coa temática da imaxe corporal.

A Área de Benestar que dirixe Tania García decidiu poñer en marcha este tipo de programas destinados á poboación adolescente cun dobre obxectivo. Por un lado, para dar resposta a unha serie de problemáticas específicas que lle son propias ou afectan en maior medida a este sector da poboación e, por outro, para traballar no eido da prevención co obxectivo de evitar que estes problemas deriven no futuro en casos a tratar a través dos Servizos Sociais ou Sanitarios.
Tanto para o programa Cinensino como para o de Prevención do Ciberacoso, o Concello conta coa colaboración económica da Deputación Provincial de Pontevedra a través do POS.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -