_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A empresa que executa a renovación de Matosinhos encargarase tamén da segunda fase das obras

As obras da Renovación Urbana do Parque de Matosinhos e a súa contorna non se deterán ao remate da primeira fase que está a piques de concluír, posto que a segunda comezará de seguido. Isto será posible porque a última fase do proxecto xa está adxudicada –o acordo foi adoptado na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá. Tamén aportará axilidade a circunstancia de que esta nova etapa será executada pola mesma empresa que está acometendo a primeira: Excavaciones e Transportes Ivanca. Tras o remate das dúas fases, o Parque de Matosinhos e as rúas que o rodean presentarán unha imaxe máis moderna, serán completamente accesíbles e terán os servizos de auga e saneamento renovados.
18.03.2019.- A segunda fase do proxecto adxudicouse por importe de 338.355 euros, que se financiarán con fondos propios do Concello correspondentes ao superávit de 2017. O prazo de execución é de 6 meses e a empresa ofertou como mellora a ampliación do prazo de garantía ata 24 meses.

Nesta segunda fase actuarase no parque propiamente dito e nos corredores de saída cara a rúa Matosinhos; no segundo tramo da beirarrúa de Doutor Tourón ata o cruce coa Rúa Xunqueira; e na zona peonil da parada de bus fronte ás torres Caixanova.

Os traballos proxectados cambiarán por completo a estética da zona verde, cun deseño que combinará zonas de céspede con outras nas que se plantarán árbores e arbustos. Renovaranse os xogos infantís e instalarase iluminación led nos alcorques. A conexión do parque coa Rúa Matosinhos mellorarase co acondicionamento dos corredores existentes entre os edificios, nos que se eliminarán as barreiras arquitectónicas. Tamén se rematará a renovación do último tramo da beirarrúa da avenida de Matosinhos seguido as pautas do primeiro tramo xa executado na primeira fase do proxecto.

Por último, na avenida Doutor Tourón actuarase no espazo público comprendido entre o fronte das Torres Caixanova e a parada de bus, así como no último tramo da beirarrúa oposta, ata o cruce coa rúa Xunqueira. Nesta esquina crearase outra zona verde e habilitarase un espazo para estacionamentos.

Como en todos os proxectos que promove o goberno local, a actuación de Matosinhos inclúe tamén a renovación e ampliación dos servizos públicos de abastecemento de auga e, especialmente, dos de saneamento e pluviais. Os materiais e a estética que seguirá esta segunda fase será idéntica á da primeira, utilizando materiais duradeiros, resistentes e de fácil mantemento.

Máis de medio millón de euros para dinamizar o barrio

Coa realización destas dúas fases, o Concello de Vilagarcía terá investido na modernización e mellora do barrio de Matosinhos máis de medio millón de euros. Para o goberno local, actuar nesta zona era fundamental debido a que non se tiñan realizado nel obras importantes dende había case tres décadas e, principalmente, por tratarse dunha zona altamente transitada a pé polos nenos e nenas que acoden a diario aos catro centros educativos alí emprazados, e na que era indispensable e urxente mellorar a seguridade e a accesibilidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -