SERVIZOS SOCIAIS
A Escola Infantil Municipal abre o prazo para solicitude de novos ingresos Logo de rematar o prazo para a renovación de prazas, a Escola Infantil de Vilagarcía abre este vindeiro luns, día 18, o período para as peticións de novo ingreso. O prazo permanecerá aberta ata o 4 de abril. Os formularios poden obterse na mesma escola, na avenida de Matosinhos, nas oficinas de Servizos Sociais, no portal municipal, http://www.vilagarcia.gal , ou na sede electrónica do Concello, sede.vilagarcia.gal. Para entregalas, os interesados poden facelo presencialmente no rexistro xeral da Casa Consistorial ou ben telematicamente a través da sede electrónica.
16.03.2019.- Entre outros requisitos, para ser adxudicatario dunha praza os nenos/as deben ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na Escola, e non ter cumpridos os tres anos de idade a 31 de decembro do ano no que se solicita a praza. A comisión de baremación tamén terá en conta os ingresos dos proxenitores. En calquera caso, poderá eximirse do límite de idade a aqueles nenos ou nenas con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do ditame da dirección, o equipo de orientación e a Inspección Educativa.