OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a obra de ensanche e dotación de servizos ao camiño do Lago, en Castroagudín A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá acordou adxudicar á empresa Servicios Medioambinetales del Miño S.L. a obra de ensanche do camiño do Lago, en Castroagudín. Para atender a demanda realizada polos veciños da zona, o Concello inviste nesta actuación 40.994 euros e aproveita para ampliar a rede de saneamento neste lugar. Os traballos teñen un prazo de execución de 2 meses.
11.03.2019.- A obra permitirá ensanchar o camiño do Lago, ao pe do cal se emprazan varias vivendas que actualmente non poden acceder aos seus domicilios en vehículo debido a que a vía apenas supera os 3 metros de ancho en determinas zonas. Esto representa un grave problema á hora de trasladar a persoas con mobilidade reducida ou para realizar traballos de carga e descarga.
Para resolver esta situación, o concelleiro de Obras e Servizos, Liño Mouriño incluíu esta obra no Plan de mellora de infraestruturas do rural que leva a cabo o Concello. Coa obra a realizar actuarase ao longo de 114 metros do camiño. Para poder darlle máis ancho é preciso facer un desmonte e construír un muro de contención en mampostería da mesma lonxitude, que permita asegurar a estabilidade do talude de terra. O muro construirase con pedra granítica e terá unha altura variable de ata 3 metros.
Tamén se ampliará a rede de saneamento, instalando ao longo duns 100 metros do camiño un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, que se conectará no entronque que da servizo á parroquia. Esta medida permitirá que poidan conectarse á rede pública de saneamento as vivendas emprazadas ao carón do camiño de O Lago.