_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude oferta 90 prazas para o campamento urbano de verán para nenos de 3 a 7 anos

A Concellería de Xuventude vén de convocar unha nova edición dos Campamentos Urbanos de Verán, o programa socio educativo e de conciliación familiar que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Ofértanse 90 prazas para nenos e nenas que naceran entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2015. Co obxecto de cumprir na súa totalidade o obxectivo de conciliación para o que foi concibido e para adaptalo ao máximo ás necesidades das familias, os Campamentos volverán a contar cos servizos optativos de comedor e Plan Madruga. O prazo de inscrición vai do 11 de marzo ao 5 de abril.
09.03.2019.- Por tratarse dun programa que busca facilitar a conciliación laboral das familias, só poderán acceder ao mesmo as unidades familiares cuxos proxenitores (ou proxenitor en caso de familias monoparentais) estean traballando o cursando formación regrada no mesmo horario no que se desenvolve o servizo municipal.

O Campamento de Verán está destinado a nenos e nenas empadroados en Vilagarcía, aínda que este ano ábrese á participación de cativos que non estean empadroados, sempre que os proxenitores documenten que desempenan a súa actividade laboral no termo municipal de Vilagarcía .


O programa funcionará de luns a venres os meses de xullo e agosto nas dependencias dun centro educativo do municipio. Os campamentos terán un horario de 9 a 14 horas e o comedor de 14 a 15 horas. O horario de entrada será de 9 a 9.30 e a saída efectuarase entre as 13.30 e as 14 horas, de xeito que cada familia poida acomodar mellor os seus horarios laborais aos de levar e recoller aos cativos. Ademais, as familias que o precisen poderán deixar aos nenos unha hora antes na modalidade do Plan Madruga que comezará ás 8 da mañá.

Co obxecto de que as familias poidan axustar o mellor posible as súas obrigas e vacacións laborais co período vacacional dos escolares, poderán optar por acudir aos campamentos os dous meses, só un mes, ou elixir por quincenas. A cota a pagar é proporcional ao período. Tanto o Plan Madruga como o Comedor son servizos complementarios optativos.


Cotas, bonificacións e descontos ata a gratuidade

Co obxectivo de que poidan acceder ao servizo todas as familias que o precisen independentemente da súa situación económica, establécese unha baremación en función de criterios socio laborais e de renda. A cota xeral por asistencia aos campamentos é de 180 euros polos dous meses, 90 por un e 45 por quincena, establecéndose bonificacións en función da renda per cápita mensual familiar referida ao IPREM. Os descontos poden ser do 50% e ata do 100% para as familias cuxos ingresos sexa inferiores ao 80% deste nivel, ás que lles sairía gratis o servizo.

Ademais, existen descontos dun 20% por familia numerosa ou monoparental e tamén nos casos nos que participen no programa máis dun irmán, aínda que estas tres situacións non serán acumulables.

A cota máxima do comedor é de 5 euros día, prestándose o servizo de xeito gratuíto a aquelas unidades familiares con rendas per cápita mensual inferior ao 80% do IPREM.

Protección da infancia

Ademais da conciliación, os campamentos urbanos teñen un marcado carácter social e preventivo de situacións de risco e de protección á infancia. Por iso, como na edición anterior, resérvase o 25% das prazas para casos que formen parte Programa de Educación Familiar e Apio familiar da Concellería de Benestar. Ademais terán total preferencia ao servizo aos fillos e fillas de nais en situación de violencia de xénero.

Todos os requisitos a cumprir polos interesados, así como a documentación a presentar e o sistema de baremación constan nas bases que regulan os Campamentos Urbanos de Verán 2019. O documento pode consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal ou na Concellería de Xuventude.

Formulario de inscrición:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -