_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
A substitución da rede de abastecemento de Doutor Tourón comezará a mediados da semana que vén

A obra de renovación da rede de abastecemento de auga na avenida Doutor Tourón comezará a mediados da semana que ven co obxectivo de que os servizos desta céntrica e poboada zona de Vilagarcía non volvan a sufrir as consecuencias das reiteradas roturas que se estaban a producir pola antigüidade e mal estado da canalización. A concesionaria, Espina e Delfín calcula que os traballos estarán rematados en cuestión de quince días.
08.03.2019.- Dada a excepcionalidade e a urxencia que reviste a actuación nun servizo básico e fundamental como é o do abastecemento de auga potable, tras aprobar o Pleno o cambio de finalidade de créditos para financiar a obra, a Xunta de Goberno adxudicou esta semana os traballos a Espina y Delfín.
O executivo apremou á empresa para que deran prioridade absoluta a actuación que, hoxe mesmo, comunicaron que comezará a mediados da semana que ven.

Como xa se tiña avanzado, para a renovación do colector principal de abastecemento utilizarase un innovador sistema denominado RELINING" que permite substituír a tubería sen necesidade de abrir gabia, o que supón un proceso máis rápido, económico e sostible que o método convencional.

Ao non precisar abrir a calzada, ademais de reducir os custes, o impacto que os traballos terán no tráfico rodado nesta importante vía de acceso ao centro da cidade serán mínimos. Tamén se evitan os molestos ruídos por perforacións da vía e se reduce ao mínimo a xestión de residuos resultantes.

Con realización desta obra renovarase o tramo de colector de 417 metros de lonxitude que discorre entre a Glorieta da Mariña Española e o cruce de Vistalegre. Para instalar o novo tubo de 200 milímetros de diámetro só será preciso abrir sete catas de 5 metros de longo por 1,5 de ancho. A tubería será de polietileno, material resistente pero que conta coa flexibilidade necesaria para poder introducilo e guialo polo interior da vella canalización sen necesidade de facer a obra a ceo descuberto. A actuación farase en tramos, realizando as conexións nos 7 puntos das catas. A obra ten un custe de case 48.000 euros que se financian con fondos prontos procedentes dos sobrantes de diversas partidas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -