_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Adxudicadas as obras de mellora do edificio do centro socio comunitario do Ramal

A Xunta de Goberno Local acordou onte adxudicar á empresa Coto de Uz Proyectos y Obras S.L. as obras de mellora do edificio da antiga Aduana do Ramal, hoxe convertido en centro socio comunitario. Os traballos contratáronse por importe de 51.550 euros e consistirán en diversas actuacións tendentes a subsanar os problemas de humidade e filtracións que rexistran as instalacións. Para financiar esta obra, o Concello conta cunha subvención de 27.923 euros da Deputación Provincial de Pontevedra.
05. 03.2019.- O proxecto elaborado polo Concello prevé actuar tanto no exterior como no interior do edificio co obxectivo de garantir a súa conservación e mantemento –trátase dun edificio catalogado- e mellorar as condicións de uso por parte das persoas que o frecuentan.

As obras a levar a cabo no exterior consistirán en restaurar a antiga carpintería de madeira do ático, así como as varandas de ferro dos balcóns deste mesmo andar. E para acabar coas filtracións de auga que teñen a súa orixe nas cornixas dos muros, instalarse unha protección de chapa de zinc que facilite a evacuación de augas cara fora. Tamén se levantará o pavimento das terrazas do ático, que se atopan en bastante mal estado e nas que medra vexetación que obstrúe os desaugadoiros. Instalarase unha lámina impermeabilizante e arranxaranse as baixantes.

De portas cara dentro, as humidades presentes nos tabiques interiores resolveranse localizando e arranxando os puntos de fugas das vellas tubaxes de auga e calefacción que discorren empotradas nas paredes. Reporanse os tabiques afectados e substituiranse os falsos teitos en mal estado.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -