_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O ex Gabinete Caligari, Jaime Urrutia, encabeza o cartel musical das festas de Santa Rita

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa xa ten pechados os concertos e as actuacións musicais que se desenvolverán durante as festas de Santa Rita 2019. Cunha duración de cinco días, os festexos terán como cabeza de cartel a Jaime Urrutia, o ex líder do mítico grupo Gabinete Caligari, que abrirá as festas o 18 de maio cun concerto na Xunqueira no que a banda galega Factoría de Subsistencia, actuará como teloneira. O apartado de concertos complétase co galego Xabier Díaz. Tamén haberá verbenas a cargo de grandes orquestras, como El Combo Dominicano, e o IV Encontro Folclórico Santa Rita. Todo será de balde.
02.03.2019.- As festas de Santa Rita desenvolveranse do 18 ao 22 de maio, ambos incluídos. Jaime Urrutia será o encargado de dar o pistoletazo de saída ás celebracións organizadas pola Concellería de Cultura que dirixe Sonia Outón. O espectáculo no Parque da Xunqueira comezará co concerto da banda galega, Factoría de Subsistencia, da que forma parte o artista vilagarcián Josito Porto, que regresa a Vilagarcía para presentar o seu novo traballo discográfico titulado "Amores fraticidas".

O pop castizo de Urrutia e a súa banda tomará o relevo para poñer en pé ao público intrerpretando temas da súa carreira en solitario intercalados cos grandes hits da súa etapa en Gabinete Caligari.

O seguinte concerto terá lugar o martes, 21 de maio ás 21.00 horas, e será no Auditorio. Alí o gaiteiro Xabier Díaz, acompañado da percusión e as voces das Adufeiras de Salitre, dará conta dos traballos do seu último disco en común "Noró", todo un canto a Galicia e ás músicas dos pobos do norte. O concerto está incluído no programa Musigal da Deputación e, como en todos os eventos das festas de Santa Rita, a entrada é libre e de balde.

Seguindo coa música galega e volvendo a dar paso aos conxuntos locais, o domingo 19 de maio a Praza de Galicia acollerá o IV Encontro Folclórico Santa Rita organizado pola Asociación Cultural Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa.

E como non hai festa que se prece non que non conte con verbenas, a Concellería de Cultura trae este ano a grandes orquestras para amenizar catro das xornadas festivas. O sábado 19 de maio, será Claxxon a formación encargada de amenizar a verbena. O domingo 20 tocaralle a quenda a Satélites e o luns 21, véspera de Santa Rita, será o Combo Dominicano quen anime a bailar. Por último, o día 22, a orquestra Passarela porá o colofón ás verbenas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -