_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
FESTAS
O Entroido chega a Vilagarcía, Vilaxoán e Carril con disfraces, bailes, comparsas e enterros da sardiña

A visita anual de Don Carnal está a piques de comezar, e para recibilo, Concello e colectivos de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril organizaron unha completa programación de actos festivos. Disfraces, comparsas, bailes e Enterros da Sardiña tomarán as rúas das tres localidades para celebrar a festa máis alegre e transgresora do ano. Os actos desenvolveranse entre o sábado de Entroido, 2 de marzo, e o domingo de Piñata, o 10 de marzo.
27.02.2019.- A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía organiza os eventos centrais e máis multitudinarios. O primeiro, o Certame de Comparsas que terá lugar o domingo 3 de marzo no Auditorio Municipal a partir das 17.30 horas. A entrada é libre e de balde e os grupos participantes reciben unha compensación económica de 300 euros.

O luns, 4 de marzo, a Praza da Peixería acollerá o Festival Infantil de Disfraces, que este ano estará amenizado coa música e a animación de Dani& Friends.

As rúas da cidade encheranse de disfraces e de animación o martes de Entroido con gaio do desfile concurso que partirá ás 17.00 horas das inmediacións da Praza de Abastos para percorrer as rúas do centro da cidade. Os premios para os mellores disfraces daranse a coñecer a partir das 20.30 na festa final da Praza da Peixería. A novidade deste ano é que se crea unha modalidade de choqueiros para fomentar e recuperar esta antiga tradición galega.

En Carril a programación do Entroido centralízase no Gato Negro. O sábado 2 de marzo ás 17:30 horas, os salóns da sociedade acollerán o festival Infantil e, a partir das 21.30, a festa xoven. Haberá música, video-disco, merenda para os cativos, sorteos e agasallos.

Vilaxoán tamén comezará as actividades de Entroido o sábado 2 cun concerto especial de Marajota e Media para celebrar o XXV aniversario desta mítica comparsa. Será nos locais da Confraría a partir das 20.00 horas.
O venres 8 pola tarde, o Gato Negro de Carril organiza un obradoiro de cociña de Entroido no que os asistentes poderán aprender a facer orellas, rosquillas e filloas. Poden participar persoas de calquera idade.
En Vilaxoán, ese mesmo día pero a partir as 20:30 terá lugar o Festival de Comparsas no Centro Socio Cultural do Preguntorio.

Os primeiros de despedir a Don Carnal este ano serán os veciños de Vilaxoán que celebrarán o tradicional Enterro da Sardiña o sábado de Piñata, o día 9 de marzo, polas rúas da localidade a partir das 19:30 horas. En Carril reservan a xornada para o tamén tradicional Baile de Piñata que terá lugar a partir da media noite nos salóns do Gato Negro e no que, ademais da animación musical da Duendeneta, haberá sorteos, agasallos e chocolatada.

O Entroido chegará ao seu fin o domingo de Piñata, o 10 de marzo. En Vilaxoán serán os cativos os encargados de despedir a Don Carnal co “Entroidiño”, o festival infantil que terá lugar a partir das 17.30 horas no centro socio cultural. E en Carril, Don Carnal será despedido como manda a tradición, co Enterro da Sardiña que comezará ás 18.30 horas e que vivirá o seu apoxeo na Praza da Liberdade co responso e a queima da sardiña. A amenización correrá a cargo do Folión Os Labregos de Trives, haberá comparsa, choronas e plañideiras, curas e moita diversión. Colaboran na organización do enterro a asociación cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Mar 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -