MULLER
Igualdade instalará un Punto Lila durante a noite do sábado de Entroido A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía habilitará un Punto Lila contra a violencia machista durante a noite do sábado de Entroido, a madrugada que máis celebracións de carnaval acolle en Vilagarcía. Como xa acontecera na previa da Festa da Auga, o Punto instalarase na Praza da II República, funcionará entre as 21:30 horas do sábado 2 de febreiro e as 6:30 da madrugada do domingo 3. Axentes de Igualdade serán as encargadas de atender o punto no que se ofrecerá información, asesoramento e atención a posibles vítimas de agresións machistas. Un globo iluminado pola noite facilitará a visibilización deste servizo.
26.02.2019.- A Concellería de Igualdade que dirixe Tania García é a encargada da posta en marcha e coordinación deste Punto Lila que atende a unha recomendación realizada dende a Subdelegación do Goberno de Pontevedra.