_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Concello dá un paso máis para dotar a Vilaxoán da terceira escola infantil público do municipio

O Concello está a un paso de completar a súa rede de escolas infantís, unha vez que as obras do centro de Vilaxoán están xa só pendentes de que o Consorcio Galego de Servizos Sociais cumpra o seu compromiso de dotar de mobiliario, primeiro, e de persoal, despois, un edificio no que se investiron preto de 600.000 euros. A presidenta de Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Alberto Varela, visitaron a escola e non dubidaron en augurar que o proxecto arquitectónico de Iago Fernández será obxecto de recoñecementos.
22.02.2019. “Non teño palabras para expresar o que sinto agora mesmo”, dixo Carmela Silva, tras coñecer de preto o edificio que se levanta xunto ao campo de fútbol de Vilaxoán. Na súa opinión, esta escola “é o centro de educación infantil máis fermosa da provincia de Pontevedra e seguramente de Galicia”. Silva lembrou que ela é mestra de profesión e o edificio construído con fondos do Plan Concello está pensando para que os nenos creza e aprendan nun ambiente único.

Pola súa banda, o alcalde subliñou que con esta obra se salda unha débeda histórica con Vilaxoán. Varela lembrou, neste sentido, que despois da Escola Infantil de Vilagarcía e da Galiña Azul do Carril era preciso pechar a rede coa escola de Vilaxoán, de xeito que así cada unha das tres vilas do concello contan con ese servizo. O alcalde agradeceu o apoio da Deputación, da que dixo que con Carmela Silva ao fronte agora si se notan os “novos aires” na corporación provincial.

Tanto Silva como Varela lembraron que houbo grupos políticos, en clara referencia ao Partido Popular, que primeiro dixeron que esta escola non era necesaria, logo estiveron en contra do seu emprazamento e finalmente intentaron con “infamias” –en palabras de Silva- que o Concello perdese unha subvención de 700.000 euros. A presidenta da Deputación instou a ese grupo “a pedir desculpas”, lembrou que moitos concellos da provincia, incluídos os gobernados polo PP, pediron prórrogas para rematar as obras, e que no caso de Vilaxoán conta con todos os avais dos técnicos, incluídos os secretarios e interventores de ambas corporacións, que, subliñou, “son habilitados nacionais. Se tamén imos dubidar dos funcionarios, mal vamos”, rematou.

O goberno local xa ten un compromiso do Consorcio Galego para dotar de mobiliario e integrar a escola na rede galega, o que significa asumir a súa xestión. A intención do alcalde é convidar ao xerente do consorcio a que visite o edificio e concretar xa os seguintes pasos coa vista posta en que a escola poida comezar a funcionar efectivamente no curso 2019/20.
A escola infantil de Vilaxoán se levanta sobre unha parcela de 2.300 metros cadrados de titularidade municipal. A superficie construía suma 854 metros, nos que se inseren 6 aulas de 40 metros cadrados cada unha. A capacidade total da escola é de 84 alumnos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -