_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Iniciados os trámites para adxudicar a reforma da grada de preferente no campo da Lomba

O procedemento para a adxudicación da obra de reforma da cuberta da grada de preferente do campo municipal de fútbol da Lomba xa está en marcha. O Concello vén de sacar a licitación por importe de 181.442 euros os traballos que teñen un prazo de execución de 3 meses. A actuación enmárcase no plan de mantemento e mellora das infraestruturas deportivas que leva a cabo o Concello e financiarase con fondos do Plan Concellos da Deputación correspondentes aos exercicios 2018/19. As empresas interesadas en realizar esta obra dispoñen de prazo ata o 13 de marzo para presentar as súas ofertas.
23.02.2019.- A obra proxectada polo Concello comezará cunha actuación de restauración e reforzo da estrutura que soporta a cuberta, consistente na eliminación de óxidos e tratamento dos piares para sanealos e reforzalos convenientemente. A actual será desmontada por unha empresa autorizada e seguindo os procedementos establecidos pola lexislación vixente ao tratarse de materiais que conteñen amianto. Por último, instalarase a nova cuberta de paneis de chapa grecada. A xeometría e as características construtivas do novo tellado serán similares á da grada principal ou de tribuna, que se reformou por completo no ano 2004.

A actuación tamén prevé a instalación de pasamáns e varandas protectoras nas zonas de escaleiras.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -