_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adxudica as obras do ensanche de beirarrúa e mellora de accesibilidade da rúa Duráns

A remodelación e humanización do barrio dos Duráns comezará en breve coa primeira das actuacións proxectadas polo Concello: a Mellora da Accesibilidade na Rúa Duráns. A Xunta Local de Goberno acordou hoxe adxudicar a obra á empresa Bespi Construcciones por importe de 46.945 euros (IVE incluído), investimento que se financia con fondos do Plan Concellos da Deputación. A actuación prevé ensanchar unha das beirarrúas co obxecto de aportar comodidade aos peóns, especialmente para os que teñan problemas de mobilidade, e permitir o paso e acceso de cadeiras de rodas ou carros de bebés. Tamén se eliminarán as barreiras arquitectónicas e se mellorarán as redes de auga e saneamento.
18.02.2019.- Na Xunta de Goberno tamén se aprobou o nomeamento da dirección de obra, que correrá a cargo do arquitecto Municipal, Juan José Rodríguez Cuíña, polo que os traballos comezarán tan pronto como a empresa presente toda a documentación e se proceda á firma do contrato.

O proxecto afectará á rúa Os Duráns, o principal acceso ao barrio dende a Praza Xoán XXIII. O principal problema que existe actualmente nesta rúa é a estreitura das beirarrúas. A que se atopa en peor situación é a que sube pola beira esquerda, que en puntos apenas supera o medio metro de ancho e presenta numerosos desniveis en forma de banzos. As dimensións da calzada impiden ensanchar ambas beirarrúas, polo que se opta por ampliar a que presenta maiores facilidades e menos desniveis, é dicir á que sube dende Xoán XXIII á man dereita. Tras os traballos, esta beirarrúa disporá de 3 metros de ancho no tramo comprendido entre o nacemento en Xoán XXIII ata o cruce con Eduardo Pondal. Para isto será preciso eliminar unha das liñas de estacionamento. Maila isto, o barrio non perderá capacidade de aparcamento grazas a que hai uns meses o Concello abriu o estacionamento público e de balde ao remate da rúa Aquilino Iglesias, co que o saldo resulta positivo.

Unha vez rematada esta actuación, o executivo de Alberto Varela ten previsto continuar coa mellora estética e de accesibilidade nos Duráns. O plan de rexeneración urbana do barrio continuará coa humanización do primeiro tramo de Aquilino Iglesias Alvariño, que tamén sufrirá unha importante mellora estética.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -