_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os vilagarciáns realizaron un total de 122.079 viaxes co VaiBus! En 2018

O VaiBus!, o abono transporte subvencionado polo Concello de Vilagarcía, foi unha das iniciativas máis innovadoras e polas que máis apostou o goberno de Alberto Varela neste mandato. A medida, que dende o principio contou cunha excelente acollida por parte dos cidadáns, seguiu evolucionado de forma moi positiva nos seguintes anos. Tanto, que ao longo do ano 2018, os vilagarciáns realizaron un total de 122.079 viaxes nas liñas de transporte facendo uso da tarxeta do VaiBus!. Igualmente bos son os resultados do servizo ao Hospital, o VaiBús+!, no que o ano pasado se desprazaron 12.293 persoas.
16.02.2019.- O VaiBús! entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2016 no marco das políticas de Mobilidade e potenciación do transporte colectivo postas en marchas polo Concello. Por 20 euros ao mes, a tarxeta VaiBús! permite ao seu titular usar de xeito ilimitado as liñas de autobús urbanas durante ese período. O módico prezo do abono é posible grazas á subvención municipal, que aporta 10 euros por abono mensual. A tarxeta é permanente, e o usuario pode portar por recargala cada mes, ou so aqueles meses que o precise. O número de recargas realizadas en 2018 ascendeu a 3.287, segundo os datos facilitados polo Grupo Abalo.

Como complemento a esta iniciativa e para cubrir a grave carencia de transporte público ao Hospital do Salnés, a Área de Mobilidade do Concello xestionou e subvencionou a creación dunha liña de autobús dende a cidade ata o centro sanitario. Coa posta en marcha deste novo servizo, denominado VaiBus+!, o Concello daba resposta a unha antiga demanda dos veciños de Vilagarcía e doutros municipios da comarca que carecían de conexións para acudir ás consultas ou a visitar pacientes ao Hospital.

VaiBus+! púxose en marcha a finais de maio de 2017 tamén cunha boa acollida por parte dos usuarios. A liña ofrece 7 servizos de ida e volta ao Hospital entre as 7:45 e as 14 horas e cun billete que custa 1.35 euros (con desconto si se saca o de ida e volta). O Concello subvenciona 5 servizos e o grupo Abalo ofrece outros dous. En 2018, este servizo contou con 12.293 viaxeiros.

Como xa se apuntou, o mantemento do abono transporte do VaiBus! e a o VaiBus+ precisa de fondos municipais. O crecente número de usuarios do abono do transporte urbano e do bus ao Hosital provocou que a as partidas dos orzamentos municipais destinadas cada ano a estes dous servizos fosen tamén incrementándose en cada exercicio.
A tarxeta de transporte urbano comezou cunha partida de 21.880 euros en 2016, e en 2018 a suma destinada a esta prestación elevouse ata os 36.579. Máis chamativa aínda foi a evolución do bus ao Hospital, que no seu primeiro ano en funcionamento (2017) precisou dun investimento de 12.499 euros , suma que se duplicou ao ano seguinte (2018), no que se destinaron a este servizo 24.502 euros dos orzamentos municipais. En total, dende mediados de 2016 o Concello de Vilagarcía leva gastado 130.721 euros en subvencionar estas dúas medidas de fomento do transporte público.


Plan de Transporte

Os resultados do VaiBus! e do VaiBus+! demostran que os cidadáns apostan polo transporte público colectivo sempre que cumpra coas súas necesidades de itinerarios e frecuencias e teña un prezo asequible. O executivo local continuará apostando por este modelo de potenciación e mellora do transporte público e apunta a necesidade de que a Xunta de Galicia teña en consideración esta situación e inclúa no Plan de Transporte que está tramitando as necesidades que presenta o transporte público en Vilagarcía –e que xa lle foron trasladadas durante a redacción do Plan- e na súa área de influencia. Para o executivo local, a Xunta non pode deixar pasar a oportunidade que ten nestes momentos para dotar a Vilagarcía dun transporte moderno e eficaz, que atenda as necesidades reais dos usuarios en canto a liñas, itinerarios e frecuencias, e que se estruture en base á intermodalidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -