_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Os semáforos de Doutor Tourón, Rodrigo de Mendoza e Bamio poranse en funcionamento o venres

A nova regulación semafórica na contorna da Glorieta da Mariña Española e na estrada de Bamio porase en marcha o venres. Os equipos instalados nos paso de peóns de Doutor Tourón (á altura da cafetería Bella Arosa) como no primeiro da avenida Rodrigo de Mendoza instaláronse para proporcionar maior seguridade aos peóns e para favorecer a fluidez do tráfico neste un neurálxico da rede viaria municipal. No caso de Bamio trátase dunha medida basicamente se de seguridade viaria que os veciños levaban anos demandando.
13.02.2019.- Tras realizar as conexións á rede de subministro eléctrico, técnicos do Concello, xunto cos da empresa que instalou os equipos, realizarán entre hoxe e mañá as probas de funcionamento previas ao prendido definitivo. Tamén mañá está previsto que se leve a cabo o pintado do paso de peóns de Rodrigo de Mendoza que se desprazou uns metros para facelo coincidir co corredor peonil que atravesa a zona verde das palmeiras cara a outra rúa.

Estes dous semáforos están dotados co sistema de aviso sonoro para invidentes que se activa a través do teléfono móbil vía bluetooth. A medida garante a seguridade das persoas cegas á hora de atravesar unha vía e evita as molestias que sofren os veciños como consecuencia dos semáforos convencionais que soan de forma constante, día e noite, cada vez que se poñen en verde para os peóns. O sistema de alerta por bluetooth xa está operativo no semáforo de Castelao (Alejandro Cerecedo).

A regulación semafórica do paso de peóns do Salgueiral-Bamio resolverá un problema de inseguridade viaria nun punto complicado polo que atravesan moitos peóns debido a que alí se empraza a parada do transporte escolar e se atopa o centro de Formación Marítima. Os veciños levaban anos demandando a medida que o actual goberno trasladou á Xunta de Galicia, titular da vía. A administración autonómica alegou falta de orzamento para levar a cabo a actuación. Pese a non ser competencia nin responsabilidade do Concello, por tratarse dunha medida de seguridade para os veciños, o executivo que preside Alberto Varela decidiu asumir o custe íntegro da compra de material e instalación dos semáforos, si a Xunta daba os permisos. O Concello investiu 18.000 euros na actuación. Este equipo tamén ten aviso acústico, aínda que o sistema é convencional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -