_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello advertirá sobre o uso do radar para controlar a velocidade nas vías urbanas

O Concello de Vilagarcía ampliará nos próximos meses a sinalética de tráfico nas vías urbanas do municipio. As novas sinais, ademais de lembrar os límites de velocidade de cada vía, advertirán do uso do radar. A medida enmárcase nas actuacións que está a levar a cabo a Policía Local para o calmado do tráfico no centro urbano co obxectivo de mellorar a seguridade, tanto de peóns coma de condutores. Con esta mesma finalidade, no mes de xaneiro realizándose 16 controis de velocidade nos que se detectaron 257 vehículos circulando por riba dos límites establecidos en cada zona.
07.02.2019.- O Concello investirá preto de 4.000 euros na adquisición dos diferentes tipos de sinais e postes a instalar en 19 puntos da rede viaria municipal urbana con velocidades limitadas a 30, 40 e 50 quilómetros por hora. As rúas a sinalizar son a Avenida Rodrigo de Mendoza, a Rúa Arealonga, o tramo municipal da Avenida Valle Inclán, a Rúa Ramón Patiño del Valle, a Rúa Preguntoiro, Rúa Fontecarmoa, Pablo PIcasso, Luisa Vila Janer, Alexandre Bóveda, Avenida da Mariña e Rúa Vilar (Bamio).

Como se sabe, a Policía Local adquiriu hai uns meses un radar móbil para poder realizar controis de velocidade independentemente das campañas periódicas que se levan a cabo a través e cos medios da Dirección General de Tráfico. No mes de xaneiro e co radar municipal, a Policía realizou 16 controis nos que se mediu a velocidade á que circulaban un total de 2.309 vehículos. As medicións realizáronse en días alternos e a diferentes horas na Avenida de Rubiáns, Rúa Valentín Viqueira, Rúa Valle-Inclán, Agustín Romero, Rúa O Vento, Avenida de Vilanova, Rúa Vilar, Os Martices, Arealonga, Avenida de Víctor Pita, Avenida de Pontevedra e Rúa Montiño.

A vía na que se rexistrou maior velocidade por riba do límite foi a do Vilar (Bamio), onde se detectaron vehículos circulando ata 35 quilómetros por riba dos 50 permitidos. Tamén na Rúa Arealonga se produciron infraccións que duplicaban o límite a 30. Pola súa banda, Valle Inclán foi á vía onde se rexistrou maior número de infraccións por exceso de velocidade, con 100 denuncias tramitadas no tramo regulado a 30 quilómetros por hora.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -