_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Cultura compensará con 300 euros ás comparsas que participen no certame e no desfile de carrozas

A Concellería de Cultura abre este venres, 8 de febreiro, o prazo de inscrición no certame de Comparsas do Domingo de Entroido. Como en edicións anteriores, o evento musical non ten carácter competitivo, polo que cada unha das agrupacións participantes recibirán 300 euros pola súa actuación. O departamento que dirixe Sonia Outón tamén ofrece ás comparsas a posibilidade de tomar parte no desfile de disfraces do Martes de Carnaval como animación musical, polo cal tamén se lles compensará con 300 euros.
06.02.2019.- A Xunta Local de Goberno aprobou esta semana as bases que rexerán o Certame de Comparsas a celebrar no Auditorio o domingo, 3 de marzo, pola tarde. Como se ven facendo dende hai uns anos, poderán participar no evento un máximo de 10 agrupacións. No caso de que as inscricións superen este número, a selección realizarase por orde de inscrición e con preferencia para as comparsas da localidade.

As chirigotas deben contar con 20 integrantes como mínimo e ofrecer unha actuación de entre 10 e 15 minutos con coplas en galego cuxas letras deberán entregar á organización no momento da inscrición. No caso de querer participar tamén no Desfile de Disfraces, deberán facelo constar na mesma inscrición. O formulario, ao igual que as bases completas do certame, pódese consultar e imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal . Tamén están dispoñibles na Concellería de Cultura, sita no Auditorio.

As comparsas dispoñen do prazo dunha semana (do 8 ao 15 de febreiro) para inscribirse nas dependencias de Cultura, de luns a venres e en horario de 9 a 13.30 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -