_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os choqueiros recuperan protagonismo no Entroido do Concello de Vilagarcía

A Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía aposta por recuperar a figura máis tradicional e popular do Entroido galego: a do choqueiro. Co obxecto de fomentar a presenza deste tipo de disfraces, o departamento que dirixe Sonia Outón, creou un accésit dotado con 1.000 euros para premiar aos choqueiros que participen no desfile do Martes de Entroido no marco das diferentes categorías existentes no concurso (individual, parellas ou grupo).
05.02.2019.- A medida pretende recuperar o espírito popular e espontáneo da festa máis irreverente e divertida do ano e tamén animar a toda a xente a vivir o Entroido de forma activa, dende dentro e con disfraz, para o cal non é preciso nin gastar moito nin planificalo con demasiado tempo. Como se facía antaño, roupa vella ou calquera cousa que se atopaba na casa son elementos válidos para saír de choqueiro e manter a tradición.

Ademais de apostar por conservar a tradición e a esencia do Entroido galego co accésit para choqueiros, a Concellería de Cultura dá este ano un importante pulo a estas festas incrementando en 2.175 euros a suma total a dedicar aos premios do desfile, e que acada os 6.300 euros.

Bases do concurso de disfraces e carrozas

A Xunta de Goberno Local aprobou onte as bases do Desfile de Disfraces e Carrozas a celebrar o 5 de marzo, martes de Carnaval. Os interesados poderán participar na modalidade infantil (ata 15 anos), de adultos (a partir de 16 anos) ou de grupos. Nas dúas primeiras haberá categoría individual e de parellas, con tres premios en cada unha delas. O importe dos mesmos oscila entre os 50 e os 200 euros. Os premios máis cuantiosos son os da modalidade de grupos, que conta coas categorías de ata 20 e de máis de 20 compoñentes. En cada unha delas entregaranse tres premios de entre 300 e 1.000 euros. A estas engádese o accésit de 1.000 euros para a modalidade de choqueiros, a distribuír entre os participantes, segundo acorde o xurado.
En todos os casos, o xurado avaliará aspectos como a animación, espectacularidade, orixinalidade, espontaneidade, conxunción e animación musical.

As persoas e grupos interesados en participar no Desfile de Disfraces e Carrozas de Vilagarcía poderán inscribirse a partir do venres 8 de febreiro nas dependencias de Cultura, no Auditorio, de luns a venres e en horario de 9 a 13.30 horas. O prazo remata o mesmo 5 de marzo ás 12.00 horas.
Os concursantes deberán cumprir os requisitos especificados nas bases que se poden consultar no taboleiro de anuncios da web municipal ou na Concellería de Cultura. Como en edicións anteriores, prohíbese a participación con animais e os disfraces que leven vehículos ou carrozas deberán adaptarse ás medidas máximas indicadas nas bases e contar con todos os permisos de vehículos e condutores en regra.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -