_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Trinta empresas concorren á segunda fase das obras da rexeneración urbana de Matosinhos

O Concello de Vilagarcía recibiu 30 propostas de empresas interesadas no contrato da segunda fase da Renovación Urbana do Entorno de Matosinhos. O venres finalizou o prazo de presentación de ofertas para realizar a obra que dará continuidade aos traballos que se están executando na actualidade para renovar, mellorar a accesibilidade e modernizar por completo a imaxe e os servizos deste barrio de Vilagarcía. A fase en proceso de adxudicación ten un custe de 502.000, que o Concello financiará con fondos propios con cargo ao superávit de 2017. O prazo de execución é de 6 meses.
05.02.2019.- As obras da segunda fase da Renovación Urbana de Matosinhos terán tres ámbitos de actuación: O parque propiamente dito e os corredores de saída cara a rúa Matosinhos; o segundo tramo da beirarrúa de Doutor Tourón ata o cruce coa Rúa Xunqueira; e a zona peonil da parada de bus fronte ás torres Caixanova.

O Parque de Matosinhos supón a maior superficie na que se vai a actuar nesta fase. Os traballos proxectados cambiarán por completo a estética da zona verde, cun deseño que combinará zonas de céspede con outras nas que se plantarán árbores e arbustos. Os alcorques disporán de iluminación empotrada no chan e instalarase novo mobiliario urbano, como bancos cúbicos e luminarias led de diferentes alturas. Tamén se renovará por completo a zona infantil, na que se instalarán novas e orixinais estruturas e xogos que se distribuirán por toda a zona verde.

Mellorarase a conexión do parque coa Rúa Matosinhos a través dos corredores existentes entre os edificios, nos que se eliminarán as barreiras arquitectónicas mediante a construción de ramplas para salvar a diferenza de nivel existente entre a rúa e o parque, e aos que se lles dará un tratamento acorde coa estética da contorna. Ademais, continuarase co acondicionamento do último tramo da beirarrúa da avenida de Matosinhos paralela ao parque.

O espazo comprendido entre o fronte das Torres Caixanova e a parada de bus tamén se reformará. Habilitaranse corredores de paso peonil intercalados con zonas verdes. Un tratamento similar terá a beirarrúa oposta, que se remodelará dende onde remata a actuación da primeira fase das obras, ata o cruce coa rúa Xunqueira. Nesta esquina crearase outra zona verde e habilitarase un espazo para estacionamentos.

Igual que na primeira fase, o proxecto inclúe ademais a renovación e ampliación dos servizos públicos de abastecemento de auga e, especialmente, dos de saneamento e pluviais. Dado que se trata dunha zona con especial risco de asolagamento, está prevista a creación de zonas permeables que faciliten o drenaxe natural das augas.

Os materiais a utilizar nas obras serán duradeiros, resistentes e de fácil mantemento; similares aos da primeira fase. Para as zonas de circulación de vehículos e de peóns combinarase o formigón con zonas de lousa hidráulica. As superficies de formigón trataranse de diverso xeito, tanto na disposición de cortes para simular xeometrías, como nas texturas e cores, a efectos darlle un aspecto máis natural e heteroxéneo.

Avanzada a primeira fase

A execución destas obras dará continuidade e completará a actuación iniciada en outono e que está a executar a empresa Excavaciones Ivanca. Esta primeira fase, que xa está moi adiantada e na que se investiron 265.873 euros, centrouse no acceso principal ao barrio dende a avenida Doutor Tourón, a contorna da Escola Infantil Municipal -incluído un tramo da beirarrúa de Doutor Tourón-, e un tramo da avenida Matosinhos. Neste caso, os traballos tiñan como prioridade aumentar a seguridade e garantir a accesibilidade nunha zona transitada a diario por centos de escolares que acoden aos tres centros educativos da Lomba e á Escola Infantil Municipal.

No seu conxunto, o proxecto tamén pretende dinamizar a zona modernizando a degradada e anticuada imaxe dun barrio no que non se acometían cambios importantes dende había tres décadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -