_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
A Deputación aproba a contratación dos 36 traballadores solicitados polo Concello

A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou a solicitude realizada polo Concello de Vilagarcía para financiar a través do Plan de Obras e Servizos 2019 a contratación, a xornada completa e durante 9 meses, de 36 traballadores para reforzar os servizos municipais. A oferta laboral remitirase a semana que vén ao Servizo Público de Emprego, organismo que preseleccionará aos candidatos entre os desempregados inscritos como demandantes de emprego que se axusten aos perfís das 13 ocupacións apuntadas polo Concello.
31.01.2019.- As persoas desempregadas que estean interesadas en acceder a este plan deben dirixirse ao Servizo Público de Emprego. As ocupacións que demanda o Concello repártense do seguinte xeito:

• 3 Empregados Auxiliares Administrativos.
• 1 Monitor/a e/ou Animador deportivo.
• 11 Axudantes Albaneis.
• 3 Peóns forestais.
• 2 Pintores e/ou empapeladores.
• 6 Instaladores electricistas.
• 1 Carpinteiro en Xeral.
• 1 Fontaneiro.
• 1 Soldador para arco eléctrico en xeral.
• 4 Traballadores de conservación de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos.
• 1 Sepultureiro-Enterrador.
• 1 Axudante mantedor de instalacións deportivas.
• 1 Condutor operador de retroescavadora.

Unha vez incorporados ao plantel municipal, estes traballadores realizarán a súa función en tarefas de: conservación, rehabilitación e acondicionamento de infraestruturas e instalacións municipais e de mobiliario urbano; limpeza e mellora de praias, parques, xardíns e zonas medio ambientais; xestión administrativa; asistencia deportiva e a tarefas auxiliares nos cemiterios.

Para a selección definitiva das persoas que ocupen estes postos de traballo terán preferencia as vítimas de violencia de xénero, maiores de 45 anos, membros de familias mono parentais con fillos ao seu cargo, as persoas cos niveis de renda máis baixos e as que teñan cargas familiares.

Para financiar este programa, o Concello conta cunha subvención de 326.442 euros correspondente á liña de Fomento de Emprego do POS, á que a administración municipal engade outros 81.021 euros de fondos propios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -