_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A concesión de licenzas de construción incrementouse un 2,2% en Vilagarcía en 2018

A construción parece ir recuperándose pouco a pouco en Vilagarcía tras o prolongado estancamento sufrido durante os anos da crise económica. Isto é o que se deduce da memoria de actividade do departamento de Urbanismo do Concello de Vilagarcía, que durante o ano 2018 concedeu 693 licenzas de construción, 15 máis que no exercicio anterior, o que supón un incremento do 2,2%. Sumando os permisos de primeira ocupación e de actividade, o Concello tramitou e aprobou un total de 810 licenzas durante o ano que vén de rematar.
25.01.2019.- Dos 693 permisos para execución de obras, o número máis elevado correspondeuse co de “obras menores”-as que non precisan de realización de proxecto previo-, que xeraron 577 licenzas, 32 máis que en 2017. Para obras maiores – as que si precisan da realización dun proxecto- concedéronse 116 autorizacións, 17 menos que o ano pasado. Neste apartado entran as obras de maior envergadura e complexidade técnica, como edificios de nova construción de todo tipo (bloque de vivendas, vivendas unifamiliares, naves…), obras de rehabilitación, construción de muros de contención, parcelacións, acondicionamento de locais, construción de piscinas, etc…

No que respecta ao outro grupo de licenzas, as máis numerosas foron as de actividades, xa que o Consello da Xerencia de Urbanismo concedeu un total de 100 permisos deste tipo o ano pasado. De primeira ocupación aprobáronse 17.

A concesión de licenzas precisa dunha tramitación convenientemente regulada que implica diversos pasos, dependendo do tipo de permiso que se solicita, e os preceptivos informes técnicos para comprobar que o solicitado se axusta ás normas. Por iso, aínda que as licencias finalmente concedidas foron 810, os expedientes abordados polos servizos de Urbanismo superan este número, tendo en conta que hai solicitudes que non se chegan a conceder pero que precisan igualmente da pertinente tramitación e elaboración de informes, a maiores doutros trámites.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -