_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
TURISMO
Vilagarcía véndese en FITUR a través da oferta conxunta de Rías Baixas

O Concello de Vilagarcía está presente un ano máis na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) co obxectivo de promocionar a cidade como destino turístico tanto entre as operadoras que moven turismo nacional como entre as de outros países. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Turismo, Juan Antonio Pérez Callón, desprazáronse a FITUR para participar na presentación da oferta conxunta que fai a Deputación de Pontevedra a través do Padroado de Turismo Rías Baixas.
24.01.2019.- “Hambre de experiencias” é o título da oferta que Rías Baixas leva este ano a FITUR, oferta centrada en salientar a riqueza, variedade e calidade da enoloxía e a gastronomías galegas, así como no produtos turísticos relacionados con elas: rutas do viño, festas gastronómicas, rutas de marisqueo….
Neste marco traballa tamén unha empresa local, Tee Travel, con sede e fundada en Vilagarcía, especializada en programar e ofertar paquetes turísticos relacionados cos recursos existentes na nosa zona e no resto de Galicia.

Precisamente, o rexedor e o edil de Turismo aproveitaron a súa presenza na feira internacional para visitar o stand de Tee Travel, onde mantiveron un encontro cos responsables da axencia vilagarciá para coñecer as súas impresións sobre o interese do turismo nacional e internacional cara a oferta da nosa zona. Os responsables da axencia comentaron que FITUR é un excelente punto de encontro tanto para vender aos grandes operadores os paquetes turísticos xa deseñados, como para poñerse ao corrente das últimas tendencias da demanda turística, algo esencial para elaborar novos servizos e paquetes atractivos, diferenciadores e que respondan ao que piden os novos perfís de turista.

O rexedor aproveitou a viaxe a Madrid para asistir á reunión da Comisión de Turismo da FEMP, da que o alcalde é membro, e que se celebrou onte pola tarde.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2019  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -